Actas dos Plenos


ACTA 10/2000

ACTA 11/2000

 

SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO, REALIZADA O DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2000.

ORDE DO DÍA:

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, BORRADOR ACTA 10/2000.

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

2-BIS. DECLARACIÓN DE URXENCIA, DA PETICIÓN DA ASAMBLEA DE MARIÑEIROS DO MORRAZO.

3.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DAS BASES DE ACTUACIÓN E ESTATUTOS DO POLIGONO "2" NO PLAN PARCIAL DO ROSAL SUR.

4.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DAS BASES DE ACTUACIÓN E ESTATUTOS DO POLÍGONO "3" NO PLAN PARCIAL DO ROSAL SUR.

5.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DAS BASES DE ACTUACIÓN E ESTATUTOS DA UNIDADE DE XESTIÓN  5.

6.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DA SUBDIVISIÓN DA UNIDADE DE XESTIÓN NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, 176-178

7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, SOBRE A CREACIÓN DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DA MANCOMUNIDADE DO MORRAZO.

8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PROXECTO TÉCNICO REFORMADO, PREGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DA NOVA CASA DO CONCELLO.

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA RESCISIÓN CONTRATO ADXUDICATARIO DO BEQUE.

10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PROXECTO, PREGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DA AMPLIACIÓN DO CIMETERIO MUNICIPAL.

10.- BIS.- DECLARACIÓN DE URXENCIA, S/ APROBACIÓN INICIAL DOS ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN DO POLÍGONO IV DO PLAN PARCIAL "ROSAL SUR".

11.- MOCIÓN DO BNG SOBRE OBRAS NO FRONTE MARÍTIMO DE MOAÑA.

12.- MOCIÓN DO BNG SOBRE CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO.

13.- MOCIÓN DE EdeG, SOBRE MELLORAS NO CAMIÑO DETRÁS DE RODMAN.

14.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE MELLORAS NA REDE VIAL.

15.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE PREZOS DOS CARBURANTES.

16.- ROGOS E PREGUNTAS.

 

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio.

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela.

D. Javier Abal Juncal.

Dna. M* Carmen Costas Gayo.

D. Osbaldo Martinez Couso.

Dna. Carmen Sotelo Pena.

D. José González González.

Dna. María Martín Alonso.

Dna. Carmen Entenza Domínguez.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D* Isabel Lorenzo Martínez.

D. Julio Martínez Rodríguez.

D. José Luis Leite Fraga.

D. José E. Santos Leites.

Secretario: D. Felipe Fermoso Valdés.

Na casa do Concello de Moaña, o 28 de setembro de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, a secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

Despois de trata-lo punto n: 2 e 10, aprobouse a declaración de urxencia para tratamento dos puntos de:

-2.bis.- P/ da Asamblea de Mariñeiros do Morrazo e

- 10.bis.- Aprobación inicial dos estatutos e bases de actuación do polígono IV do Plan Parcial "Rosal Sur".

O concelleiro Sr. Leite Fraga, abandonou o salón de plenos ás 22:05 horas, finalizado o punto 9.

O concelleiro Sr. Abal Juncal, abandonou o salón de plenos ás 22:45 horas, finalizado o punto 14.

 

 

1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR:

Dáse conta do borrador da acta 10/2000, correspondente a realizada o día 27 de xullo do ano que andamos.

 

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acordou aproba-la acta sinalada sin modificación ningunha .

 

 

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaira do día 27 de xullo de 2000.

A corporación quedou enterada.

 

2.BIS.- DECLARACIÓN DE URXENCIA, DA PETICIÓN DA ASAMBLEA DE MARIÑEIROS DO MORRAZO:

O Alcalde informa a la corporación do escrito presentado pola asamblea de Mariñeiros do Morrazo, con registro de entrada do día de onte, solicitando a convocatoria de un Pleno Extraordinario á vez solicita o apoio as súas xustas reivindicacións. Pide ós asistentes se pronuncien sobre a declaración de urxencia e tratamento en debate da súa petición.

A Corporación por unanimidade declara a urxencia, tratándose seguidamente, trala lectura do escrito polo Sr. Alcalde, coa aceptación da alteración dos puntos fixados no orde do día.

Texto literal do escrito:

"Xosé Antonio Torres Chapela, maior de idade, provisto do DNI: 35.277.871, co enderezo a efectos de notificación na rúa Antonio Garelly, 28- entrechán en Cangas de Morrazo. En nome e representación da Asamblea de Mariñeiros do Morrazo;

DI:

Que o vindeiro sábado día 7 de outubro temos convocada en Cangas ás 18:00 horas unha manifestación para esixir unha vez máis solucións á situación laboral e sectorial que está a atravesar o sector pesqueiro.

Imos para os dez meses de paralización no banco canario-sahariano, e ainda que o tempo deunos a razóns, as administración seguen sen aportar solucións para a nosa situación, máis alá da necesidade do acordo pesqueiro UE-Marrocos.

Por todo o exposto a ese Alcalde-presidente da Corporación municipal de Moaña:

SOLICITA:

1:.- A convocatoria dun Pleno extraordinario onde se discuta e se poña a votación o apoio desa Corporación Municipal a manifestación do día 7 de outubro.

2:.- Que nese Pleno se acorde sacar un bando municipal, facendo un chamamento á ciudadanía a participar na manifestación que sairá ás 18:00 horas da Alameda de Cangas."

O alcalde adianta que o seu grupo apoia á manifestación do día 7 de outubro (punto 1) en canto ó punto 2 prefiere non entrar en bandos. A través dunha roda de prensa na que interesa que participen os voceiros municipais será máis que suficiente para informar ó pobo e participe na manifestación.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1:.- Mostra-lo apoio da Corporación á manifestación prevista para o día 7 de outubro próximo.

2:.- Que o través dunha roda de prensa á que asistan os voceiros dos grupos municipais, se informe ó pobo para que participe na manifestación convocada pola asamblea de mariñeiros do Morrazo.

 

 

3.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DAS BASES DE ACTUACIÓN E ESTATUTOS DO POLIGONO "2" NO PLAN PARCIAL DO ROSAL SUR.

O delegado-concelleiro de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo do día 27.09.00 que, transcrita, di:

"ASUNTO: APROBACIÓN BASES E ESTATUTOS DE ACTUACIÓN DA XUNTA DE COMPENSACIÓN DO POLÍGONO 2: DO PLAN PARCIAL "ROSAL SUR".

O delegado-concelleiro de Urbanismo, dá conta do asunto epigrafiado e do informe de Secretaría ó respecto:

"D. José Luis Álvarez Souto, co enderezo na rúa Fragata Callao n: 5 de Moaña, presenta as bases e estatutos de actuación da Xunta de Compensación do Polígono 2: do Plan Parcial "Rosal Sur", co obxeto de da-la tramitación oportuna. Únese bases e estatutos de actuación, asi como informe favorable do Arquitecto Municipal.

Polo exposto esta secretaría emite o seguinte :

I N F O R M E:

1.-Lexislación aplicable: Art. 133.4 e 102 da lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia.

2.- O presente proxecto reúne as determinantes previstas no art. 133.4 da anterior Lei.

3.- Procede por tanto a tramitación do documento na forma prevista no art. 102 la reiterada lei.

E canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá."

Moaña, 25 de setembro de 2.000.

Igoalmente da conta do informe emitido polo arquitecto municipal, Sr. Lage Pérez, realizado o día 26.09.00 e que, transcrito, di:

"Infórmase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto no Plan Parcial "O Rosal Sur, así como ó establecido nos art. 133 y 102 da ley 1/97, de 24 de marzo, do solo de Galicia."

A Comisión queda enterada."

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Rodríguez Martínez, solicita un informe dos servicios técnicos municipais sobre o grado de execución das obras de urbanización da 1: fase do Plan Parcial Rosal Sur.

En tanto non teñamos no noso poder o devandito informe, anunciamos a nosa abstencións en tódalas tramitacións que afecten ó Plan Parcial Rosal Sur.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por 15 votos a favor (os dos Sres, Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e Santos Leites e Sras: Costas Gayo, Sotelo Pena, Martín Alonso, Entenza Domínguez e Lorenzo Martínez) e 2 abstencións (Os Sres, Leite Fraga e Martínez Rodríguez), acorda :

1:.- Que se emita informe solicitado polo PSG-PSOE, a través dos Servicios Técnicos.

2:.- Aproba-la proposta e informes da secretario e arquitecto.

3:.- Aprobar inicialmente as Bases e Estatutos de actuación do Polígono II do Plan Parcial "Rosal Sur",

 

4.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DAS BASES DE ACTUACIÓN E ESTATUTOS DO POLÍGONO "3" NO PLAN PARCIAL DO ROSAL SUR.

A instancia do promotor D. José L. Álvarez Souto, retírase o asunto da Orde do Día, pois considera que a documentación presentado e de carácter interno e atópase incompleta.

 

5.- APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DAS BASES DE ACTUACIÓN E ESTATUTOS DA UNIDADE DE XESTIÓN  5.

O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, do día 27.09.00 e que, transcrita, di:

"Examinado o informe de Secretaría, que a continuación se transcribe, en relación á aprobación definitiva das bases e estatutos da Unidade de Xestión n: 5.

"INFORME DE SECRETARÍA

ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA DAS BASES E ESTATUTOS DA UNIDADE DE XESTIÓN N: 5.-

D. Manuel Pousada Carballo, co enderezo na rúa Concepción Arenal n: 114 de Moaña, presento as bases e estatutos de actuación da Xunta de Compensación da Unidade de Gestión n: 5 en Meira-Moaña.

As bases e estatutos foron aprobadas inicialmente polo Pleno da Corporación n: 5/2000, do 13 de abril e informadas publicamente polo plazo de 20 días, mediante anuncio publicado no BOP n: 112, do 13 de xuño de 2000.

Contra dito acordo non se formulou alegación algunha.

Polo exposto esta secretaría emite o seguinte :

I N F O R M E:

1.-Lexislación aplicable: Art. 102 da lei 1/97, do 24 de marzo do Solo de Galicia.

2.- Procede polo Pleno da Corporación a aprobación definitiva das bases e estatutos de compensación da Unidade de Xestión n: 5, promovida polo Sr. Pousada Carballo.

E canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 25 de setembro de 2.000.

O SECRETARIO,

A Comisión queda enterada."

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :

1:.- Aproba-lo informe do secretario xeral transcrito, nos seus propios termos.

2:.- Aprobar definitivamente as bases e estatutos de compensación da Unidade de Xestión n: 5, promovida por D. Manuel Pousada Carballo.

 

6.-APROBACIÓN DEFINITIVA, SE PROCEDE, DA SUBDIVISIÓN DA UNIDADE DE XESTIÓN NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, 176-178

O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo que, transcrita, di:

"Dáse conta do informe do secretario xeral do Concello, realizado o día 25.09.00 e que, transcrito, di:

"ASUNTO: APROBACIÓN DEFINITIVA DA UNIDADE XESTIÓN PARCELA 176 e 178 EN C.ARENAL-MOAÑA.

D. Manuel Pousada Carballo, domiciliado en C.Arenal, 114, presenta proxecto de reaxuste del ámbito do polígono da Unidade de Xestión nas parcelas 176 e 178 das NNSS de Moaña, confeccionado polo Arquitecto D. José Díaz de la Iglesia. Acompáñase informe favorable emitido polo Arquitecto Municipal.

Foi aprobada inicialmente no Pleno da Corporación n: 5/2000, do 11 de abril e informada publicamente no BOP n: 112, do 13 de xuño de 2000, sin que se formulará reclamación algunha contra dito proxecto.

Existen informes sectoriais da Dirección Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Servicio de Costas e Ministerio de Medio Ambiente  Servicio de Costas- que son favorables.

Por canto antecede, esta secretaria emite o seguinte

I N F O R M E:

1.- Lexislación aplicable: art. 102 da Lei 1 /97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.

2.- Procede a aprobación definitiva de subdivisión da Unidade de Xestión, na Avda. Concepción Arenal 176 e 178, promovida por Sr. Pousada Carballo.

E canto debo informar, non obstante o pleno decidirá."

Moaña, 25 de setembro de 2000.

O SECRETARIO,

Tamén dos informes sectoriais favorables, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Medio Ambiente que, transcrito, di:

"A actuación proposta no proxecto ubícase en solo urbano a unha distancia da ribeira do mar superior ós 20 metros (servidume de protección en S.U) polo que non se ve inconvinte, dende o punto de vista de costas, na proposta presentada de subdivisión de parcelas."

E o informe do Servicio Provincial de Costas en Pontevedra que di:

"Vista a documentación achegada con datas 16 de xuño e 14 de xullo, xunto coa obrante no Servicio obsérvase:

  • O deslinde na zona está aprobado por O.M. 14.03.67.
  • Proponse a división da U.X. que abarcaba ós números 176 e 178 da Avda. Concepción Arenal de maneira que afecta só ó n: 176 que é unha casa en ruinas.
  • O ámbito de actuación non invade dominio público nin coa línea de edificación nin cos vós.
  • Atópanse a máis de 20 m, da ribeira do mar.

Polo anteriormente exposte este Servicio informa favorablemente a Unidade de Xestión."

A Comisión queda enterada."

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1:.- Aproba-los informes transcritos.

2:.- Aprobar definitivamente a subdivisión da Unidade de Xestión, na Avda. Concepción Arenal 176 e 178, promovida polo Sr. Pousada Carballo.

 

 

7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, SOBRE A CREACIÓN DO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DA MANCOMUNIDADE DO MORRAZO.

O alcalde informa detalladamente sobre o borrador do regulamento do Consello Económico e Social da Mancomunidade do Morrazo, propoñendo a súa aprobación ó Pleno da Corporación Local. Igoalmente informa sobre a proposta da Comisión Informativa de Facenda, do día 26.09.00. Sendo de todos coñecida a proposta.

Igoalmente informa á Corporación da proposta para a creación do Consello Económico e Social aprobada pola Xunta da Mancomunidade dos concellos do Morrazo, realizada o día 30.05.00.

Por todo o exposto, PROPOÑO a adopción dos seguintes acordos:

1:.- Aprobación do borrador do regulamento do Consello Económico e Social, que consta de 6 folios numerados do 1 ó 6, ámbolos inclusive.

DELIBERACIÓN:

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG, Os Verdes, Sr. Santos Leites, di que está de acordo coa creación do Consello Económico Social, pero duda do procedimento aplicado para a aprobación dos estatutos, de presentar alegacións quen resolve o Concello o a Xunta da Mancomunidade.

O articulado é igoal que outros aprobados polos Concellos do Morrazo e quere matizar:

"no art 4 sobre composición débese concretar, dentro do apartado c) deste art, débese incluir a membros do sector do mar.

Tratándose dun órgano de debate falta a representación veciñal, así debe incluirse un novo artigo, por operatividade coa posibilidade de crear comisións de traballo.

No art. 7, que versa sobre os órganos do C.E.S, sería convinte crear unha vicepresidencia.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, manifesta que en principio é coherente coa proposta feita e por tanto apoia a constitución deste órgano, pero quere facer as seguintes observacións.

Dí tamén que Moaña é o último concello do Morrazo en debatir o asunto, posto que Cangas e Bueu fixérono o pasado mes de xullo; xa se interesó no seu día ó Delegado de Facenda da proposta a debatir e este non soupo dar resposta, parece que é a forma habitual en temas que afecten á Xunta da Mancomunidade.

Discrepa en dar pautas esenciais tales como composición do organismo, como a periodicidade das sesións.

En canto o primeiro, a proxecto é presidencialista trátase de convocatoria e outros, debe nomearse vicepresidente. No ap. C, art. 4, debería incluirse ós representantes do comercio do Morrazo. Existen ambigüedades, a representación municipal debe ser ó mínimo de 2 concelleiros; non existe representación algunha da Federación de Montes do Morrazo, nin representación das Federacións de veciños, onde existan.

Por canto a periodicidade das sesións o seu prazo 1 ano é moi dilatado, as sesións deberían ser cada 6 meses, debe retirarse a palabra anualmente pola de periodicamente. No art. 3, funcións debe tamén retocarse.

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, en primer lugar esixe ó alcalde que debe respetarse o turno de intervencións no pleno.

Respóstalle o Alcalde que estes se materializan por orden de petición solicitada.

Seguidamente o Sr. Martínez Rodríguez, explica que é un Consello Económico Social, como órgano de asesoramento e informe para consulta dos poderes públicos, debendo estar formado por axentes especailistas na materia a tratar. O Consello do Morrazo, o propón Cangas e parece pensado a súa medida.

O Consello para ser representativo deberá ser creado a instancia de cada concello, doutra forma, entrárase nunha dinámica de confrontación na forma prevista, é un contrasentido, sen esquecer que con esta estratexía, Cangas trata de ser cabeza da comarca.

O PSG-PSOE, propón a creación de un C.E.S, que beneficie os intereses de Moaña; propoñen engadir no art. 3 dos estatutos "diferentes concellos do Morrazo".

Intervén o alcalde despois do turno concedido ós grupos, que di que quienes coinciden na tardanza de presenta-la proposta ó Goberno e debe dicir que asume personalmente esta responsabilidade, pero non quere dicir que se faga de rebote en Moaña, trátase dun borrador e este o aprobará a Mancomunidade. A proposta do Grupo de Goberno é este borrador para a súa aprobación na forma en que se atopa redactado, as alegacións que se formulen se resolverán pola Mancomunidade.

O Sr. Santos Leite, di que se enriquece o documento coa inclusión das propostas deste Pleno.

O alcalde, di que considera suficiente a representación contemplada no borrador.

O Sr. Millán Otero, di que aínda que exista posibilidade de presentar alegacións, solicita unha solución consensuada.

O Sr. Martínez Rodríguez, di que despois dun retraso de dous meses en presenta-la proposta, o máis convinte sería que o tema volverá á Comisión Informativa.

O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, solicita que de non volver o asunto á Comisión Informativa se voten alegacións previo á adopción do acordo.

O Sr. Santos Leite, di que esta de acordo coa proposta do BNG.

O alcalde, rechaza a votación das alegacións, posto que se trata dun borrador e as alegacións as resolverá a Mancomunidade.

Debatido suficientemente o asunto se procede á votación da proposta.

 

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por quince votos a favor (Os Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Santos Leite e as Sras: Costas Gayo, Sotelo Pena, Martín Alonso e Lorenzo Martínez) e 2 abstencións (Os Sres: Leite Fraga e Martínez Rodríguez) acorda aproba-lo borrador do regulamento do Consello Económico e Social da Mancomunidade do Morrazo.

 

8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PROXECTO TÉCNICO REFORMADO, PREGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DA NOVA CASA DO CONCELLO.

O alcalde dá unha somera explicación do proxecto técnico de Reformado Básico e Execución 1* e 2* fase para a Casa do Concello de Moaña, do prego de condicións e dos informes do arquitecto municipal, secretario e interventor, asi como da Comisión Informativa, documentos que coñecen os asistentes.

Igoalmente a financiación e execución, de acordo coa consignación prevista.

Propón á Corporación a aprobación do proxecto técnico, prego de condicións e licitación, para unha información pública de forma simultanea.

"O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta do proxecto do Reformado de básico e execución de 1* e 2* fase para a construcción da casa do Concello" redactado polo arquitecto D. Arturo Dapena Barros e do prego de condicións económico-administrativas para a contratación por procedimento aberto, mediante concurso da obra, do informe de Secretaría e da Intervención Municipal e que, transcritos, din:

PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS

PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDIMENTO ABERTO,

MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA

"REFORMADO DE BÁSICO E EXECUCIÓN DE 1* E 2* FASE PARA CONSTRUCCIÓN CASA DO CONCELLO"

1:- Objeto de contrato: Constituie ó obxecto do contrato a realización por procedimento aberto das obras de "Reformado de básico e execución de 1* e 2* fase para construcción da Casa do Concello" de conformidade co presuposto técnico redactado por D. Arturo Dapena Barros, arquitecto que se aprobará simultaneamente co prego de condicións. O proxecto e as súas condicións técnicas, planos, cadros de prezos xuntamente co presente prego de clausulas administrativas terá carácter contractual.

2:.- Criterios que deben reuni-las propostas para a adxudicación: A proposta de contrata da obra ascende a 210.222.243 ptas. Na oferta dos licitadores entendérase comprendido o importe do IVE, de acordo co establecido no art. 77 do RDL 2/2000, do 16 de xuño.

Os criterios han de rexir de base, para a adxudicación son os seguintes: prezos, solucións técnicas que melloran o proxecto aprobado, plazo de execución, calidade e características estéticas ou funcionais.

3:.- Financiación das obras: A cargo do Concello que terá consinación suficiente na partida do presuposto xeral vixente, conforme á certificación de existencia de crédito por importe de 210.222.243 ptas, desglosados do seguinte xeito:

Protocolo.. 120.000.000 ptas.

Exercicios anteriores 8.000.000 ptas.

Aportación municipal.. 92.222.243 ptas.

En canto á aportación municipal, térase en conta o informe emitido polo interventor municipal.

4:.- Duración do contrato e execución das obras: A duración do contrato fíxase entre a data de notificación do acordo de adxudicación definitiva das obras e a devolución da garantía definitiva. O prazo de execución das obras será de 18 meses a partir do seguinte ó da acta de comprobación de recuamento si non houbese reservas ou ó seguinte ó da notificación ó contratista, da resolución autorizando o inicio das obras.

5:.- Acta de comprobación do recuamento.- Dentro dos dez días seguintes ó da data de formalización do contrato (non superior a un mes) terá lugar a comprobación do recuamento, feito previamente nos termos establecidos no art. 129, do RDL 2/2000, para comprobar a realidade xeométrica da obra e a disponibilidade dos terreos precisos para unha normal execución. Esta comprobación a realizarán os tecnicos do Concello en presencia do contratista e extenderá acta do resultado que asinarán os interesados.

6:.- Realización e inspección das obras.- As obras realizaránse con estricta suxeicción ás claúsulas estipuladas no contrato e ó proxecto que sirve de base o mesmo. Incumbe ó Concello exercer dunha maneira continuada e directa a inspección da obra durante a execución a través de persoal técnico. O contratista está obligado non só á execución da obra, senon que responde dos defectos que na construcción poidan advertirse: atá que cumpla o prazo de garantía.

7:.- Pago e liquidación das obras: O contratista ten dereito ó aboamento de conformidade os prezos convidos da obra que realmente execute mediante certificación mensuais que expida o directos da obra. As certificacións da obra coa conformidade ou reparos do contratista, serán aprobadas por resolución da Alcaldía autorizando o pagamento con cargo á partida (Inversións) do presuposto xeral da corporación e virán coa reducción correspondente á baixa, si se houbera producido e os aboamentos ó contratista ten o concepto de pagos a conta suxetos ás rectificacións que se produzan na medición e liquidación final e sin supor en forma algunha aprobación e recepción das obras que comprende.

Dentro do prazo de 18 meses a contar dende a data da acta de recepción deberá acordarse e ser notificada ó contratista a liquidación correspondente e aboar o saldo resultante, no seu caso.

Si se produxera demora no pagamento do saldo de liquidación o contratista terá dereito a percibir o interés legal do mesmo a partir dos seis meses seguintes á recepción.

8.- Risco e ventura.- A execución da obra farase a risco e ventura do contratista e non terá dereito a indemnizacións por causa de pérdida, averias, perxuizos ocasionados nas obras, sinon nos casos de forza maior e sempre que non exista actuación imprudente pola súa parte.

9.- Prazo de garantía.- Feitas as obras o contratista comunicará ó Concello e dentro do mes seguinte terá lugar a recepción provisional, ó que concurrirá un facultativo por parte do Concello, o Interventor, o director da obra, o contratista acompañado dun técnico si o desexa. Si se atopan as obras en bó estado o facultativo representante do Concello dará por recibidas, levantando acta e comenzando o prazo de garantía de un ano. Transcurrido o prazo da garantía sin reparo por parte da Administración quedará extinguida a responsabilidade do contratista. Cando as obras non se atopen en estado de ser recibidas, fárase constar na acta e o director das obras señalará os defectos observados e sinalará as instruccións precisas, fixando o prazo para remedialas. Si transcurrido dito prazo o contratista non as houbera efectuado, podrá concederselle un novo prazo improrrogable ou declarar resolto o contrato.

10.- Responsabilidade por vicios ocultos.- Si a obra se deteriora con posterioridade ó prazo de garantía por vicios ocultos na construcción, debido o incumprimento do contrato, por parte do contratista, responderá este dos danos e perxuizos durante o periodo de 15 anos a contar da recepción.

Transcurrido dito prazo sin que se atopará ningunha manifestación de dano quedaría totalmente extinguida a responsabilidade do contratista.

11.- Revisión de prezos.- A revisión de prezos terá lugar cando o contrato se houbera executado no 20% do seu importe e houbera transcurrido 6 meses dende a adxudicación.

12.- Garantía provisional e definitiva.- Os licitadores acreditarán a constitución na caixa da Corporación, da garantía provisional do 2% do presuposto establecido como base de licitación. Dita garantía habrá de ser constituida en metálico ou aval bancario. A garantía provisional será devolta ós interesados despois da proposta de adxudicación do contrato, agás ó incluido na proposta. Nos supostos de presunción de temeridade será retida da garantía ós empresarios comprendidos na mesma, asi como ó mellor postor dos que non o estén ata que se dicte acordo de adxudicación. O adxudicatario está obligado a constituir a garantía definitiva do 4% do importe de adxudicación, que habrá de constituirse a favor do Concello, na forma prevista para a garantía provisional.

13.- Clasificación do contratista.- Para contratar coa Administración no presente concurso, será requisito indispensable que o contratista teña obtivo previamente a seguinte clasificación de máis de 140 millóns,

14.- Cumprimento obrigacións tributarias e S.S: O contratista obrígase a cumprir coas obrigacións tributarias e S.S, quedando o Concello exonerado de responsabilidade por este incumprimento.

15.- Réxime de sancións.- O contratista esta obrigado a cumpri-lo contrato dentro do prazo fixado para a realización do mesmo, asi como os prazos parciais fixados para unha execución sucesiva.

Cando o contratista por causas imputables ó mesmo houbera incurrido na demora respecto ó prazo total, o Concello podrá optar pola resolución do contrato ou imposición de penalidades previstas no art. 95 do RDL 2/2000.

Si os técnicos municipais observaran deficiencias nos materiais empregados na obra, o comunicarán ó Concello e contratista, sendo obxecto da sanción correspondente o importe dos materiais.

16.-Resolución do contrato.- As causas de resolución do contrato serán as previstas e cos efectos determinados nos arts. 111 e 149 do RDL 2/2000.

17.- Proposicións e documentación comprementaria:

17.1:.- Os licitadores só podrán presentar unha proposición na Secretaría do Concello nas horas de oficina durante ó prazo de 26 días naturais, contados dende o seguinte da publicación do anuncio no BOP.

17.2:.- A proposición presentárase en sobre pechado no que figurará a inscripción "Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de "Reformado de básico 1* e 2* fase para construcción da Casa do Concello" polo procedimento aberto, mediante concurso, convocado polo Concello de Moaña.

Dentro deste sobre que contendrá 2 sobre A e B, pechadas coa mesma inscripción referida no apartado anterior e un subtítulo.

No sobre A, subtitulárase : "documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada e conterá a seguinte documentación:

  1. DNI ou fotocopia compulsada.
  2. Escritura de poder si se actúa en representación.
  3. Escritura de constitución de sociedade si é desta natureza.
  4. Os que acrediten condición de contratista, solvencia económica, técnica ou profesional.
  5. Declaración de non estar incurso en prohibicións para contratar (arts. 15 e 20 LCAP).
  6. Resgardo garantía provisional.
  7. Atoparse o corrinte de pago de obligacións tributarias e S.S.
  8. Para o caso de UTE, deberán cumprimenta-lo disposto no art. 24 da LCAP.

No sobre B, subtitularase: "oferta económica e criterios diferentes ó do prezo"

  1. Proposición de conformidade ó seguinte
  2. MODELO:

    D. co enderezo en

    DNI expedido en no nome propio ou representante de

    Como acredito por enterado do expediente de contratación ordinaria e da convocatoria para a adxudicación polo procedimento aberto, mediante a forma de CONCURSO das obras de "construcción casa do concello de Moaña, 2* fase", anunciado no BOP n: do día tomo parte na mesma comprometéndose a realizalas de acordo co proxecto técnico e prego de claúsulas económico-administrativas que acepto íntegramente, no prezo de (letra e número) IVE incluido e as modificacións e melloras, que se especifican en documento adxunto, facendo constar que manteño a oferta durante meses e non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no art. 20 da LCAP.

  3. Memoria cos criterios e as variantes ou alternativas que se ofrecen.

18.- Constitución da mesa e apertura de plicas:

18.1.- Terá lugar no salón de sesións do Concello, ás 12:00 horas do quinto día seguinte ó que termine o prazo sinalado para a presentación de plicas.

A mesa de contratación estará integrada por:

  • Presidente: alcalde ou concelleiro en quen delegue.
  • Vocais designados polo alcalde.
  • Secretario municipal.
  • Interventor municipal.

18.2.- Clasificadas previamente a documentación en tempo e forma, a mesa procederá en acto público á apertura das proposicións presentadas polos licitadores e as elevará co acta e a proposta que estime pertinente, que incluirá en todo caso a ponderación dos criterios indicados neste prego de condicións administrativas particulares ó órgano de contratación que fará a adxudicación do contrato.

18.3.- O órgano de contratación, tralos informes técnicos correspondentes, adxudicará o contrato no prazo de 3 meses a contar da apertura de proposicións.

19.- Réxime Xurídico.- No non previsto nas presentes claúsulas rexerán as normas da Lei 7/85, do 2 de abril de L.B.R.L e RDL 2/2000 do 16 de xuño.

Moaña,

"INFORME DE SECRETARÍA

ASUNTO: PLIEGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE "REFORMADO DE BÁSICO E EXECUCIÓN 1* E 2* FASE PARA CONSTRUCCIÓN CASA CONCELLO "

Cumprindo o ordenado polo Sr. Alcalde de data 24 de febreiro de dous mil, en relación co disposto no art. 113.1 do TRRL emítese informe en base os extremos que se deducirán dos seguintes

A N T E C E N T E S

1.- Existe Reformado proxecto básico e execución da 1* e 2* fase da obra titulada "CONSTRUCCION DA CASA DO CONCELLO DE MOAÑA", que aprobará simultaneamente o pleno da Corporación Local .

2.- Existe executada atá a data de hoxe nunha 1* fase do concurso por importe de 33.109.387.-ptas.

 

3.- Redactado o presente priego de clausulas administrativas , determínase sea expediente ordinario en procedimento aberto e como forma de adxudicación o concurso.

Corresponde a esta Secretaria Xeral conforme o dispon o art. 172 e 173 do ROF, informar expoñendo os antecedentes e disposicións legais, asi como o seu reglamento, dando cumplimento a elo, emítese o seguinte

I N F O R M E:

Primeiro.- Lexislación aplicable: Tratándose dun concurso de procedimento aberto, é de aplicación a seguinte normativa; Art. 118.1, 122 e 123 do TRRL. Art 11, 67, 74, 75, 79, 85 e 90 da RDL 2/2000, do 16 de xuño, que aproba a Lei de Contratos de Administracions Públicas, e art. 88 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local.

Segundo.- É compotente para contratar a obra o Pleno da Corporación Local, quen ten asumida dita atribución conforme o dispón o art. 22 da Lei 7/85.

Terceiro.- No proxecto de obra que sirvio de adxudicación da 1: Fase e que conclue coa presente adxudicación, figuran os documentos precisos . Por canto a existencia de crédito se recollerá no Presuposto Ordinario do Exercicio 2000, tanto a parte financiada pola Xunta de Galicia como a aportación municipal.

Cuarto.- O presente prego de condicións atópase redactado conforme o determina o art. 49 do RDL 2/2000 do 16 de xuño, adecuándose as esixencias das obras. Dito pliego e licitación poden ser aprobados de forma simultánea, asi como, a súa información pública que se efectuará no BOP e DOGA. De formularse reclamacións contra o pliego de condicións, se interrumpirá o prazo da licitación.

Do exposto cabe concluir que a aprobación do pliego de condicións e licitación polo procedimento aberno na modalidade de concurso da obra "Reformado proxecto básico e execución da 1* e 2* fase da obra titulada "CONSTRUCCION DA CASA DO CONCELLO DE MOAÑA", adecúa a lexislación vixente nos términos referidos.

Non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 25 de setembro de 2000

O SECRETARIO,

INFORME DO INTERVENTOR MUNICIPAL

"O presuposto xeral de contratación da obra "construcción Casa do Concello, ascende a 243.331.630 ptas, segundo proxecto técnico redactado polo arquitecto superior D. Arturo Dapena Barros.

No presuposto municipal para o ano 2.000, consignouse na partida 1210.622.00 do seu Estado de Gastos a cifra de 131.000.000 ptas. No estado de Ingresos figuraba unha subvención da Xunta de Galicia do mesmo importe para a financiación ó 100% de dita obra.

Segundo resolución da Xunta de Galicia o importe da subvención limítase a 128.000.000 ptas, polo que o crédito autorizado debe tamén limitarse a ese importe para este exercicio.

Para a contratación neste exercicio económico da totalidade da obra, o Concello poderá acorda-la licitación coas seguintes condicións:

1:.- Do presuposto xeral mencionado haberá de deducirse a parte da obra xa certificada polo anterior contratista (TC-FL, SL) a quén se lle resolveu o contrato por incumplimento.

2:.- Ante a ausencia de consignación suficiente, debe acordarse a financiacións plurianual e consignar no próximo presuposto (ou seguintes si se estima necesario) o importe da diferencia entre a subvención da Xunta, máis a obra xa certificada e o presuposto xeral.

3:.- O acordo da plurianulidade é atribución do Pleno da Corporación."

Moaña, 25 de setembro de 2000.

O INTERVENTOR

A Comisión queda enterada."

DELIBERACIÓN:

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, di que está a favor da execución das obras, pero duda da financiación das mesmas. Descoñece das anualidades que quedan subvencionadas pola Xunta, de acordo co Protocolo asinado e propón ó alcalde que negocie coa Xunta o adianto das subvencións, doutra forma non existirá a financiación suficiente e rápida para acome-las obras. Tamén solicita que de non modifica-lo prego de condicións, a aprobación de certificación de obra, delegue o alcalde na Comisión de Goberno.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que descoñece por que se sorprende o voceiro do PSG-PSOE da información dada polo alcalde, debe saber que o proxecto, prego de condicións e licitación suspendida no mes de abril pasado e que hoxe se presenta ó pleno continúa igoal que no mes de xullo de 1999, o Grupo de Goberno dende que tomou posesión non fixo nada en algo tan importante e imprescindible para o servicio dos/as veciños/as.

Hai que comenzar por ter solo para a edificación, a modificación da norma continua igoal, non está aprobada. O alcalde debe renegociar coa Consellería o pago da obra doutra forma a teremos atá o ano 2005.

Os informes do proxecto non existen, o único que se modifica con respecto ó anterior son os prezos no presuposto, en 4 anos a obra encareceuse en máis do 40%. Duda do cobro de certificacións que se expidan, non existen consignacións para os plazos previstos de execución a non ser que as mesmas se garanticen mediante aval bancario.

De todas formas o seu grupo votará a favor da proposta.

O alcalde, quere puntualizar que o proxecto indudablemente é máis que o anterior, pero de elo non existe máis responsable que o goberno municipal anterior. Que a modificación da norma onde se asentará a nova casa do Concello non está aprobada, non existe mais responsable igoalmente que o goberno anterior.

O concelleiro-delegado de Urbanísmo, Sr. Abal Juncal, que di que para acomete-las obras é preciso a confección do presente reformado, como se deduce das explicacións e xestións levadas a cabo polo alcalde.

O Sr. Santos Leites, dí que votará a favor da proposta, pero que recoñeza o Grupo de Goberno nesta data non existe terreos, diñeiro e o proxecto ata fai 4 días, debe recoñece-la falta de rigor e por tanto asumir responsabilidades.

O Sr. Leite Fraga, di que o único culpable da falta de financiación, terreos e outros non é máis que o Grupo Popular.

Respóstalle o alcalde, coa expresión de que "cree o ladróns que todos son da súa mesma condición", a súa irresponsabilidade engañou a moita xente, os responsables diste retraso non son outros que o anterior Grupo de Goberno, non habendo máis titiriteiros que vostede, nesta Corporación.

O Sr. Millán Otero, di que lamenta que o Sr. Alcalde volva a perde-los papeis, parece que o BNG, é responsable de todo o malo dende 1979; comence vostede Sr. Alcalde a ser responsable de algo. Non se moveu nada dende a súa toma de posesión, pero claro non se pode ser responsable de algo porque vostede non fixo nada.

O alcalde, di que recoñeza o BNG, que os últimos 4 anos foron nefastos para Moaña.

A concelleira do Grupo Municipal do PP, Sra. Entenza Domínguez, quere facer sabe o Sr. Leite que o actual goberno está pagando débedas de anteriores gobernos.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1:.- Aproba-los informes transcritos.

2:.- Aproba-lo proxecto do reformado de básico e execución 1* e 2* fase para Casa do Concello de Moaña.

3:.- Aproba-lo prego de condicións económico-administrativas para a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da obra "Reformado de básico e execución da 1* e 2* fase para construcción da Casa do Concello.

9.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA RESCISIÓN CONTRATO ADXUDICATARIO DO BEQUE.

O alcalde informa da petición cursada a esta Alcaldía por D. Eugenio Soaje Vidal, responsable da I.L.E., adxudicataria do Beque, na que solicita a baixa definitiva e irrevocable, o cal supón a resolución do contrato que lle liga co Concello como responsable da explotación e xestión das instalacións deportivas segundo convenio asinado o día 01.07.97.

Seguidamente dá conta do informe emitido sobre a petición, polo secretario xeral do Concello e que, transcrito, di:

"ASUNTO: RESOLUCIÓN DO CONTRATO E CAUSAS DE APLICACIÓN.

O Sr. alcalde solicítame informe sobre escrito presentado por D. Eugenio Soage Vidal, interesando resolución de contrato de data 01.07.97, autorizado polo acordo da Corporación do día 26.06.97, para a explotación das instalacións do Beque a través dunha ILE, legalmente constituída.

No expediente obxecto de informe obran otros emitidos por técnicos municipais, onde queda acreditada a precariedade e deixadez demostrada polo Sr. Soage Vidal, no cumprimento das obrigacións contraídas.

Por canto antecede, esta Secretaría emitie o seguinte INFORME:

1:.- Lexislación aplicable: arts 111, 112 e 113 do RDL 2/2000, do 16 de xuño.

2:.- Ainda que existe petición expresa de resolución de contrato, por parte do adxudicatario, este viñan incurrindo nas causas de resolución previstas no art. 111.g) do RDL 2/2000.

3:.- É de aplicación o art. 112.1; a resolución do contrato polo concello a petición do adxudicatario.

4:.- Por canto os efectos da resolución o órgano contrante valorará si é de aplicación o disposto no art. 113.2 e 4, que sendo así se esixirá as responsabilidades por danos e perxuizos que pudera haber orixinado por incumprimento do contrato.

É canto debo informar, no obstante a Corporación acordará."

Moaña, 27 de setembro de 2000.

O SECRETARIO,

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:

1:.- Aproba-lo informe transcrito.

2:.- Rescidi-lo contrato da explotación das instalacións do Beque para uso deportivo, sociocultural, extraescolar, turístico e ociocultural, asinado entre o Concello e os Promotores da I.L.E. "O Beque": D. Eugenio Soage Vidal, M* José Rial Menduiña e Guillermo Rivas Fervenza.

 

 

10.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PROXECTO, PREGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DA AMPLIACIÓN DO CIMETERIO MUNICIPAL.

O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, manifesta que foi tratado o asunto epigrafiado na Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 18.07.00 e que transcrita, di:

"O delegado dá conta á Comisión do proxecto básico de ampliación e acondicionamento do cimeterio municipal de Moaña, redactado polo arquitecto técnico municipal, Xosé M. Carballo Moldes.

Preténdese realizar 1.832 unidades, cun presuposto total da obra de 153.245.729 ptas.

A Comisión queda enterada."

Tamén da Comisión extraordinaria Informativa de Urbanismo, onde os grupos quedaron enterados e manifestaron a súa intención de pronunciarse no Pleno en relación co tema.

Seguidamente dá conta do prego de condicións, informes respectivos do secretario xeral do Concello, interventor municipal e arquitecto que, a continuación se transcriben, propoñendo ó Pleno a aprobación do proxecto técnico, prego de condicións e licitación co obxecto de adxudica-la obra.

"PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS

PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDIMENTO ABERTO,

MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA

"AMPLIACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO CIMETERIO MUNICIPAL

1:- Objeto de contrato: Constituie ó obxecto do contrato a realización por procedimento aberto das obras de "Ampliación e acondicionamento do cimeterio municipal" de conformidade co presuposto técnico redactado polos Servicios Técnicos Municipais. O proxecto e as súas condicións técnicas, planos, cadros de prezos xuntamente co presente prego de clausulas administrativas terá carácter contractual.

2:.- Criterios que deben reuni-las propostas para a adxudicación: A proposta de contrata da obra ascende a 153.245.729 ptas. Na oferta dos licitadores entendérase comprendido o importe do IVE, de acordo co establecido no art. 77 do RDL 2/2000, do 16 de xuño.

Os criterios han de rexir de base, para a adxudicación son os seguintes: prezos, solucións técnicas que melloran o proxecto aprobado, plazo de execución, calidade e características estéticas ou funcionais.

3:.- Financiación das obras: A cargo do Concello que terá consinación suficiente na partida do presuposto xeral vixente, conforme á certificación de existencia de crédito por importe de 153.245.729 ptas, desglosados do seguinte xeito:

Ano 2000 : 85.000.000 ptas.

Ano 2001: 68.245.729 ptas, de acordo co informe do interventor municipal.

4:.- Duración do contrato e execución das obras: A duración do contrato fíxase entre a data de notificación do acordo de adxudicación definitiva das obras e a devolución da garantía definitiva. O prazo de execución das obras será de 12 meses a partir do seguinte ó da acta de comprobación de recuamento si non houbese reservas ou ó seguinte ó da notificación ó contratista, da resolución autorizando o inicio das obras.

5:.- Acta de comprobación do recuamento.- Dentro dos dez días seguintes ó da data de formalización do contrato (non superior a un mes) terá lugar a comprobación do recuamento, feito previamente nos termos establecidos no art. 129, do RDL 2/2000, para comprobar a realidade xeométrica da obra e a disponibilidade dos terreos precisos para unha normal execución. Esta comprobación a realizarán os tecnicos do Concello en presencia do contratista e extenderá acta do resultado que asinarán os interesados.

6:.- Realización e inspección das obras.- As obras realizaránse con estricta suxeicción ás claúsulas estipuladas no contrato e ó proxecto que sirve de base o mesmo. Incumbe ó Concello exercer dunha maneira continuada e directa a inspección da obra durante a execución a través de persoal técnico. O contratista está obligado non só á execución da obra, senon que responde dos defectos que na construcción poidan advertirse: atá que cumpla o prazo de garantía.

7:.- Pago e liquidación das obras: O contratista ten dereito ó aboamento de conformidade os prezos convidos da obra que realmente execute mediante certificación mensuais que expida o directos da obra. As certificacións da obra coa conformidade ou reparos do contratista, serán aprobadas por resolución da Alcaldía autorizando o pagamento con cargo á partida (Inversións) do presuposto xeral da corporación e virán coa reducción correspondente á baixa, si se houbera producido e os aboamentos ó contratista ten o concepto de pagos a conta suxetos ás rectificacións que se produzan na medición e liquidación final e sin supor en forma algunha aprobación e recepción das obras que comprende.

Dentro do prazo de 12 meses a contar dende a data da acta de recepción deberá acordarse e ser notificada ó contratista a liquidación correspondente e aboar o saldo resultante, no seu caso.

Si se produxera demora no pagamento do saldo de liquidación o contratista terá dereito a percibir o interés legal do mesmo a partir dos seis meses seguintes á recepción.

8.- Risco e ventura.- A execución da obra farase a risco e ventura do contratista e non terá dereito a indemnizacións por causa de pérdida, averias, perxuizos ocasionados nas obras, sinon nos casos de forza maior e sempre que non exista actuación imprudente pola súa parte.

9.- Prazo de garantía.- Feitas as obras o contratista comunicará ó Concello e dentro do mes seguinte terá lugar a recepción provisional, ó que concurrirá un facultativo por parte do Concello, o Interventor, o director da obra, o contratista acompañado dun técnico si o desexa. Si se atopan as obras en bó estado o facultativo representante do Concello dará por recibidas, levantando acta e comenzando o prazo de garantía de un ano. Transcurrido o prazo da garantía sin reparo por parte da Administración quedará extinguida a responsabilidade do contratista. Cando as obras non se atopen en estado de ser recibidas, fárase constar na acta e o director das obras señalará os defectos observados e sinalará as instruccións precisas, fixando o prazo para remedialas. Si transcurrido dito prazo o contratista non as houbera efectuado, podrá concederselle un novo prazo improrrogable ou declarar resolto o contrato.

10.- Responsabilidade por vicios ocultos.- Si a obra se deteriora con posterioridade ó prazo de garantía por vicios ocultos na construcción, debido o incumprimento do contrato, por parte do contratista, responderá este dos danos e perxuizos durante o periodo de 15 anos a contar da recepción.

Transcurrido dito prazo sin que se atopará ningunha manifestación de dano quedaría totalmente extinguida a responsabilidade do contratista.

11.- Revisión de prezos.- A revisión de prezos terá lugar cando o contrato se houbera executado no 20% do seu importe e houbera transcurrido 6 meses dende a adxudicación.

12.- Garantía provisional e definitiva.- Os licitadores acreditarán a constitución na caixa da Corporación, da garantía provisional do 2% do presuposto establecido como base de licitación. Dita garantía habrá de ser constituida en metálico ou aval bancario. A garantía provisional será devolta ós interesados despois da proposta de adxudicación do contrato, agás ó incluido na proposta. Nos supostos de presunción de temeridade será retida da garantía ós empresarios comprendidos na mesma, asi como ó mellor postor dos que non o estén ata que se dicte acordo de adxudicación. O adxudicatario está obligado a constituir a garantía definitiva do 4% do importe de adxudicación, que habrá de constituirse a favor do Concello, na forma prevista para a garantía provisional.

13.- Clasificación do contratista.- Para contratar coa Administración no presente concurso, será requisito indispensable que o contratista teña obtivo previamente a seguinte clasificación de máis de 155 millóns.

14.- Cumprimento obrigacións tributarias e S.S: O contratista obrígase a cumprir coas obrigacións tributarias e S.S, quedando o Concello exonerado de responsabilidade por este incumprimento.

15.- Réxime de sancións.- O contratista esta obrigado a cumpri-lo contrato dentro do prazo fixado para a realización do mesmo, asi como os prazos parciais fixados para unha execución sucesiva.

Cando o contratista por causas imputables ó mesmo houbera incurrido na demora respecto ó prazo total, o Concello podrá optar pola resolución do contrato ou imposición de penalidades previstas no art. 95 do RDL 2/2000.

Si os técnicos municipais observaran deficiencias nos materiais empregados na obra, o comunicarán ó Concello e contratista, sendo obxecto da sanción correspondente o importe dos materiais.

16.-Resolución do contrato.- As causas de resolución do contrato serán as previstas e cos efectos determinados nos arts. 111 e 149 do RDL 2/2000.

17.- Proposicións e documentación comprementaria:

17.1:.- Os licitadores só podrán presentar unha proposición na Secretaría do Concello nas horas de oficina durante ó prazo de 26 días naturais, contados dende o seguinte da publicación do anuncio no BOP.

17.2:.- A proposición presentárase en sobre pechado no que figurará a inscripción "Proposición para tomar parte na licitación para a contratación das obras de "Ampliación e acondicionamento do cimeterio municipal" polo procedimento aberto, mediante concurso, convocado polo Concello de Moaña.

Dentro deste sobre que contendrá 2 sobre A e B, pechadas coa mesma inscripción referida no apartado anterior e un subtítulo.

No sobre A, subtitulárase : "documentación acreditativa da personalidade e características do contratista e garantía depositada e conterá a seguinte documentación:

  1. DNI ou fotocopia compulsada.
  2. Escritura de poder si se actúa en representación.
  3. Escritura de constitución de sociedade si é desta natureza.
  4. Os que acrediten condición de contratista, solvencia económica, técnica ou profesional.
  5. Declaración de non estar incurso en prohibicións para contratar (arts. 15 e 20 LCAP).
  6. Resgardo garantía provisional.
  7. Atoparse o corrinte de pago de obligacións tributarias e S.S.
  8. Para o caso de UTE, deberán cumprimenta-lo disposto no art. 24 da LCAP.

No sobre B, subtitularase: "oferta económica e criterios diferentes ó do prezo"

  1. Proposición de conformidade ó seguinte
  2. MODELO:

    D. co enderezo en

    DNI expedido en no nome propio ou representante de

    Como acredito por enterado do expediente de contratación ordinaria e da convocatoria para a adxudicación polo procedimento aberto, mediante a forma de CONCURSO das obras de "Ampliación e acondicionamento do cimeterio municipal", anunciado no BOP e DOGA n: do día tomo parte na mesma comprometéndose a realizalas de acordo co proxecto técnico e prego de claúsulas económico-administrativas que acepto íntegramente, no prezo de (letra e número) IVE incluido e as modificacións e melloras, que se especifican en documento adxunto, facendo constar que manteño a oferta durante meses e non estou incurso en ningunha das circunstancias establecidas no art. 20 da LCAP.

  3. Memoria cos criterios e as variantes ou alternativas que se ofrecen.

18.- Constitución da mesa e apertura de plicas:

18.1.- Terá lugar no salón de sesións do Concello, ás 12:00 horas do quinto día seguinte ó que termine o prazo sinalado para a presentación de plicas.

A mesa de contratación estará integrada por:

  • Presidente: alcalde ou concelleiro en quen delegue.
  • Vocais designados polo alcalde.
  • Secretario municipal.
  • Interventor municipal.

18.2.- Clasificadas previamente a documentación en tempo e forma, a mesa procederá en acto público á apertura das proposicións presentadas polos licitadores e as elevará co acta e a proposta que estime pertinente, que incluirá en todo caso a ponderación dos criterios indicados neste prego de condicións administrativas particulares ó órgano de contratación que fará a adxudicación do contrato.

18.3.- O órgano de contratación, tralos informes técnicos correspondentes, adxudicará o contrato no prazo de 3 meses a contar da apertura de proposicións.

19.- Réxime Xurídico.- No non previsto nas presentes claúsulas rexerán as normas da Lei 7/85, do 2 de abril de L.B.R.L e RDL 2/2000 do 16 de xuño.

Moaña, "

"INFORME DE SECRETARÍA

ASUNTO: PLIEGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE "AMPLIACIÓN E ACONDICIONAMENTO DO CIMETERIO MUNICIPAL"

Cumprindo o ordenado polo Sr. Alcalde, en relación co disposto no art. 113.1 do TRRL emítese informe en base os extremos que se deducirán dos seguintes:

A N T E C E N T E S:

1.- Existe proxecto básico de "Ampliación e acondicionamento do cimeterio municipal que aprobará simultaneamente o pleno da Corporación Local .

2.- Redactado o presente priego de clausulas administrativas , determínase sea expediente ordinario en procedimento aberto e como forma de adxudicación o concurso.

Corresponde a esta Secretaria Xeral conforme o dispon o art. 172 e 173 do ROF, informar expoñendo os antecedentes e disposicións legais, asi como o seu reglamento, dando cumplimento a elo, emítese o seguinte

I N F O R M E:

Primeiro.- Lexislación aplicable: Tratándose dun concurso de procedimento aberto, é de aplicación a seguinte normativa; Art. 118.1, 122 e 123 do TRRL. Art 11, 67, 74, 75, 79, 85 e 90 da RDL 2/2000, do 16 de xuño, que aproba a Lei de Contratos de Administracions Públicas, e art. 88 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local.

Segundo.- É compotente para contratar a obra o Pleno da Corporación Local, quen ten asumida dita atribución conforme o dispón o art. 22 da Lei 7/85.

Terceiro.- No presuposto ordinaria do exercicio 2000 existe unha consignación de 85.000.000 ptas, e de conformidade co informe do interventor municipal o resto da financiación ata os 68.245.729 ptas irá con cargo ó presuposto do ano 2001.

Cuarto.- O presente prego de condicións atópase redactado conforme o determina o art. 49 do RDL 2/2000 do 16 de xuño, adecuándose as esixencias das obras. Dito pliego e licitación poden ser aprobados de forma simultánea, asi como, a súa información pública que se efectuará no BOP e DOGA. De formularse reclamacións contra o pliego de condicións, se interrumpirá o prazo da licitación.

Do exposto cabe concluir que a aprobación do pliego de condicións e licitación polo procedimento aberno na modalidade de concurso da obra "Ampliación e acondicionamento do cimeterio municipal", adecúa a lexislación vixente nos términos referidos.

Non obstante o Pleno decidirá.

Moaña, 25 de setembro de 2000

O SECRETARIO,

"INFORME DE INTERVENCIÓN.

OBRA: "Ampliación cimeterio municipal.

O presuposto xeral de contratación da obra "Ampliación cimeterio municipal, ascende a 153.245.729 ptas, segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto técnico D. José Manuel Carballo Moldes.

No presuposto municipal para o ano 2000, consignouse na partida 4430.622.00 do seu Estado de Gastos a cifra de 85.000.000 ptas.

Para a contratación neste exercicio económico da totalidade da obra, o Concello ante a ausencia de consignación suficiente, debe acordarse a financiación plurianual e consignar no próximo presuposto (o seguinte si se estima necesario) o importe da diferencia.

O acordo da plurianualidade é atribución do Pleno da Corporación."

Moaña, 27 de setembro de 2000.

" A ampliación do cimeterio desarrollase en terreos calificados polas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Moaña, como sistema xeral de equipamentos cimeterios "C3" e solo non urbanizable común.

Ós efectos do cumprimento do establecido no art. 77 da Lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia, debérase tramita-la declaración do interés xeral.

Dito interés xeral é claramente manifesto polo uso e función do propio equipamento, recoñecido explícitamente polas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Moaña mediante a súa calificación urbanística: sistema xeral de equipamento comunitario "C3".

En consecuencia, infórmase favorablemente o expediente en cuestión, por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto nas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Moaña, así como á lexislación urbanística de aplicación."

Moaña, 26 de setembro de 2000.

Alfonso Lage Pérez

Arquitecto municipal.

DELIBERACIÓN:

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, solicita ó Pleno a retirada do asunto da Orde do Día, en base e fundamentado en escrito, que literalmente di:

"Tal como se recoñece no informe do arquitecto municipal a ampliación do cimeterio desarróllase en terreos calificados polas Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal de Moaña como sistema xeral de equipamentos e solo non urbanizable común.

Tal é como recoñece o propio arquitecto o sólo non urbanizable común deberemos remitirnos ó art. 77 da Lei 1/97 do Solo de Galicia:

Art. 77.- Réxime do solo rústico:

1.- Os terreos calificados como sólo rústico común, en tanto manteñan ese carácter, só poderán ser destinados a usos carácterísticos do medio rural.

2.- Só poderán realizarse construcción destinadas a actividades agrícolas, forestais, gandeiras ou outras que garden relación coa natureza.

3.- Podéranse autorizar construccións para fins de interese xeral (por exemplo cimeterio municipal) que teñan que emplazarse no medio rural, trala autorización do órgano autonómico, logo de información pública polo plazo de 20 días.

Non tendo constancia este Grupo Municipal de que exista no expediente informe por parte da Xunta de Galicia nin que se someterá a exposición pública polo prazo de 20 días a Declaración pública de interese xeral.

SOLICITAMOS:

A retirada do punto da Orde do Día atá que se cumplan os trámites regulamentarios."

Informa o secretario, que segundo se desprende do informe emitido polo arquitecto municipal, habrá que declara-la ocupación de terreos de propiedade municipal e coas características que no mesmo constan, como de interese xeral, tramite que se inicia coa aprobación da presente proposta.

VOTACIÓN E ACORDO:

O alcalde, somete a votación á proposta de retirada da Orde do Día, solicitada polo concelleiro do PSG-PSOE .

A Corporación, en votación ordinaria e por 1 a favor (O Sr. Martínez Rodríguez) 10 en contra ( Javier Barreiro Tenorio, Alberto Currás Piñeiro, José Cordeiro Portela, Javier Abal Juncal, María C. Costas Gayo, José González González, Carmen Sotelo Pena, Osbaldo Martínez Couso, Maria Martín Alonso, Carmen Entenza Domínguez) 5 abstencións (Xosé M. Millán Otero, Rosendo M. Moreira Piñeiro, Isabel Lorenzo Martínez, Alberto Miranda Cancelas, José Luis Leite Fraga e José E. Santos Leites), acorda rechaza-la petición de retirada do punto da Orde do Día.

A continuación sométese a votación a proposta do concelleiro-delegado de Urbanismo.

A Corporación, en votación ordinaria e por 10 votos a favor ( Javier Barreiro Tenorio, Alberto Currás Piñeiro, José Cordeiro Portela, Javier Abal Juncal, María C. Costas Gayo, José González González, Carmen Sotelo Pena, Osbaldo Martínez Couso, Maria Martín Alonso, Carmen Entenza Domínguez) 1 voto en contra (Julio Martínez Rodríguez) e 5 abstencións (Xosé M. Millán Otero, Rosendo M. Moreira Piñeiro, Isabel Lorenzo Martínez, Alberto Miranda Cancelas, José Luis Leite Fraga e José E. Santos Leites), acorda :

1:.- Aproba-los informes transcritos.

2:.- Aproba-lo proxecto técnico básico de ampliación e acondiçionamento do cimeterio municipal, redactado polo técnico municipal, José Carballo Moldes.

3:.- Aproba-lo prego de condicións económico-administrativa e inicia-lo expediente de contratación para a realización da obra.

 

 

O alcalde, expón á Corporación que antes de trata-las mocións dos distintos grupos municipais, propón a declaración de urxencia da proposta de APROBACIÓN INICIAL DOS ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN PARA O POLÍGONO IV DO PLAN PARCIAL "ROSAL SUR" a instancia de D. José Luis Álvarez Souto.

A Corporación, en votación ordinaria e por 10 votos a favor (os Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, Sr. González González, Sra. Sotelo Pena, Sr. Martínez Couso, Sra Martín Alonso, Entenza Domínguez) e 6 abstencións ( os Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Sr. Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites), acorda trata-lo asunto seguinte:

10.Bis) APROBACIÓN INICIAL DOS ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN PARA O POLÍGONO IV DO PLAN PARCIAL "ROSAL SUR"

O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, di que se trata dun asunto de mero trámite e que o expediente se atopa informado, propoñendo que se aprobe inicialmente os estatutos e bases de actuación para o polígono IV do Plan Parcial "Rosal Sur".

Seguidamente dá conta do informe do técnico municipal, Sr. Lage Pérez e que, transcrito, di:

"Infórmase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto no Plan Parcial "Rosal Sur", asi como o establecido nos art. 133 y 102 da Lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia."

O concelleiro do Grupo Municipal PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, di que non se debe aprobar ó non atoparse executado o polígono 1.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por 10 votos a favor (os Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, Sr. González González, Sra. Sotelo Pena, Sr. Martínez Couso, Sra Martín Alonso, Entenza Domínguez) e 6 abstencións ( os Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Sr. Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites), acorda:

1:.- Aproba-lo informe transcrito.

2:.- Aprobar inicialmente as Bases e Estatutos de actuación do Polígono IV do Plan Parcial "Rosal Sur".

 

 

11.- MOCIÓN DO BNG SOBRE OBRAS NO FRONTE MARÍTIMO DE MOAÑA.

O concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Alberto Miranda Cancelas, dá lectura á moción presentada e que, transcrita, di:

"O Ente Público Portos de Galicia adxudicou hai máis de quince meses, coa anteerior Corporación Municipal, as obras de ampliación da rúa Concepción Arenal entra a Rampa da Ramona e o Poarto de Pasaxeiros. As obras inciaronso con notable retraso e levan seis meses executándose con tanta lentiutde que a este ritmo non estarán rematadas nin sequera para ás próximas elección municípais. A empresa adxudicataria-non sabemos se ncon coñecermento e beneplácito de Portos de Galicia- ao que parece traballa nas obras nos ratos libres e coa man de obra que lle vai sobrando doutros encargos. Ou cando lle vén a présa, organiza "veladas" ás 12 de noite con acompañamento de material pesado para amenizar ó descanso dos veciños da zona. A pesar da nosa resignación e de aplicar m oitas veces o refrán de que "todo leva o seu tempo", o certo é que o pavimento da rúa Concepción Arenal segue destrozado e coa chegada do inverno volverá a ser un continuo socavón; que o aterrado nestas condicións acabará converténdose nunha enlamada e, o que é peor, non somos capaces de imaxinarnos cando se poñera o loureiro á famosa obra.

Por outra parte, o Plano de Utilización dos Espacios Portuarios do Porto de Moaña contemplaba unha cuarta fase no seu proxecto de obras consistente no adecentamento do aterrado próximo á nave da S.D. Tirán para a instalación dunha pista deportiva e a remodelación da fachada marítima da rúa José Costa Alonso entre o porto do Con e a Mosqueira, dotándoa de beirarrúa e aparcamentos en condicións similares á obra que se esta realizando en Concepción Arenal. Esta última fase, necesaria para ordenar e consolidar o frente marítimo, mellorar os accesos e dotar de instalacións deportivas os barrios do Real e O Con, parece que foi esquecida por Portos de Galicia.

Nestas circunstancias, coa intención de avanzar na execución das obras de mellora previstas no Plano de Utilización dos Espacios Portuarios, o Pleno da Corporación de Moaña.

ACORDA:

Dirixirse ao Ente Público Portos de Galicia para solicitar:

  1. A utilización das obras en marcha na fachadsa marítima da rúa Concepción Arenal, coa garantía de que estas, xuntamente coa reposición do firme do tramo de estrada competencia desa Administración, estará concluídas no prazo máis breve posible.
  2. A redacción de proxecto, financiación e licitacion das obras contempladas no Plan de Usos no frente masrítimo do Con, consistentes na cosntruccion dunha pista deportíva contigua a Mosqueira e beirarrúa e zona de aparcamentos ao longo da rúa Costa Alonso, respectando as instalacións e servicios existentes actualmente na zona."

Moaña, 20 setembro de 2000

Asdo: Xosé M. Millán Otero.

 

INTERVENCIÓNS:

O concelleiro-delegado de Urbanismo, Javier Abal Juncal, manifesta que o Grupo de Goberno está totalmente de acordo co solicitado na moción, pero que tamén hai que ser conscientes, para non obrigar á empresa, pois as súas razóns tendrá, pois as súas razóns terá, de tódalas formas instárase á empresa para que axilice a execución das obras.

O alcalde, manifesta que por razóns de índole personal o alcalde e outros veciños están moi interesados en que as obras finalicen á maior brevedade posible, comunicarase a Portos a solicitude.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

 

12.- MOCIÓN DO BNG SOBRE CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Xosé M. Millán Otero, dá conta da moción presentada e que, transcrita, di:

"Unha parte fundamental do patrimonio cultural de Moaña, está constituído polos numerosos petroglífos existentes nos montes do noso Concello. Á parte do seu valor histórico, documental e educativo, son unha pez básica para un futuro aproveitamento da nosa riqueza natural e paisaxísitica de cara á promoción dun modelo de turismo alternativo.

Sen embargo, esta ríqueza está ameazada continuamente de destrucción ante a falta de iniciativas destínadas á súa protección, divulgaciuón e posta en valor. Como se puido comprobar na exposición pública do Proxecto Corredor de Alta Velocidade do Morrazo, o inventarío que manexa a Xunta, realizado en 1986, resulta incompleto e é imprecisa a localización topográfica dos bens. Pola súa parte, as Normas Subsidiarias do Concello de Moaña recollen unha parte mínima deste patrimonio, sen que figure na maior parte dos casos a súa situación nos planos e polo tanto, se poida establecer claramente a súa zona de protección.

O descoñecemento dá lugar a agresións máis ou menos voluntarias, como a ocorrida haí poucos meses coa organización dunha proba de trial por enriba do complexo da Borna, ou as que ocasionan a apertura de pistas forestais, vertidos incontrolados, instalacións, etc..

Segundo establece o artigo 4 da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, "1.- Os concellos teñen a obriga de protexeren, defenderen, realzaren e daren a coñece-lo valor cultural dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que radiquen no seu termo municipal. 2.- Correspóndelles, así mesmo, adoptar, en caso de urxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagar-los bens do patrimonio cultural de Galicia que visen o seu interese ameazado". Sen embargo, ata o presente, o desinterese das Administracións con competencias nesta materia, incluído o Concello, malamente puido ser remediado pola actuación de particuclares ou Xunta de Montes, de maneira que se pode afirmar que os gravados rupestres de Moaña estan en situación de total abandono e son un ben practicamente descoñecido para a inmensa maioría dos veciños.

Coa intención de corrixir esta situación e iniciar un programa de accións encamiñado a frear o deterioro desta parte de noso patrimonio, o Pleno de Corporación do Concello de Moaña.

ACORDA:

  1. Solicitar dentro dos traballos de rredacción do futuro Plan de Xeral de Ordenación Municipal un estudio e localización detallada das zonas arqueolóxicas onde existe petroglifos e a fixación das súas áreas de protección.
  2. Promover en colaboración cos centros de ensino e Xuntas de Montes un Programa de divulgación e sensibilización social, dirixído especialmente á mocidade, que contemplaría a elaboración dunha unidade didáctica; a sinalización dos conxuntos máis importantes (A Borna, Torre de Meira, A Escada...), así como a colocación de paneis explicativos, e a promoción dunha "Ruta Arqueolóxica dos Montes de Moaña", complementaria da Roteiro Cicloturístico do Morrazo. Para estas accións solicitaríase as correspondentes axudas econóimicas e asesoramento técnico especializado da Deputación e Dirección Xeral de Patrimonio.
  3. Emprender intervencións inmediatas naqueles restos obxecto de agresións máis directas, nomedamente:

1.- Retirada do poste e colocación de barreira de protección no petroglifo da Torre de Meira, tal como acordou a Comisión de Goberno do Concello de Moaña o 18/2/99 e reclamou recentemente (25/8/00) a Delegación Provincial da Consellería de Cultura.

2.- Protección do petroglifo da Serpe, nos Remedios.

3.- Retirada de escombros e protección do petroglifo da Pedra do Navío."

Moaña, 22 de setembro de 2000

Asdo: Xosé M. Millán Otero.

VOTACIÓN E ACORDO.

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

13.- MOCIÓN DE EdeG, SOBRE MELLORAS NO CAMIÑO DETRÁS DE RODMAN.

O voceiro do Grupo Municipal EdeG Os Verdes- Euloxio Santos Leites, dá conta da moción que, transcrita, di:

"O camiño que circunvala a antigua factoría de ASCON, serve de comunicación esencial para os barrios do Latón e a Borna: para os veciños dos mesmos, para os rapaces que acuden a diario o colexio da Guía, para os traballadores das empresas sitas nos dous lados, e pese a súa estreitez para incorporarse os coches a C-550 evitando o perigoso cruce da Guía.

En contraste con esta importancia, o seu estado dende fai uns anos é de case que total abandono, constituindo ademáis un perigo para os seus usuarios, pese as continuas denuncias veciñais e deste concelleiro: Asi no inverno son continuos os derrumbes da canteira sen que exista ningun medio de protección estando a veces o paso cortado, encóntrase sen alumeado público dende fai máis dun ano e medio, e as árbores caen sobre a vía.

Por se esto fose pouco, o pasado mes de xullo, a empresa Rodman Polyships por medio de escrito dirixido ó concello solicita entre outras cousas, autorización para modificar o trazado do camiño nun dos seus tramos, desplazando este hacia debaixo do perfil da canteira, co cal o perigo para os usuarios increméntase tal e como figura en diversos informes técnicos. Solicitan ademáis continuar o expediente para questa via pase a ser propiedade municipal e se desafecte o camiño que antiguamente atravesaba a factoría.

Ante esta petición e anque esto tense tratado en diversas ocasións dende o ano 80, cabe recordar os antecedentes e as obrigas contráidas pola empresa, que se remontan ó ano 1971 cando o concello autoriza a ASTILLEDROS Y CONSTRUCCIONES a trasladar o camiño interior a factoria hacio o seu perimetro sempre que se cumplan as seguintes condicións: Reparación e mantemento do camiño, Dotalo de alumeado público suficiente, Limpar e deixar expédito o camiño circunstancias que forón aceptadas pola empresa.

Como queira que a situación de hixe é de abandono, con un incumplimento claro por parte da empresa, é polo que EdeG propón o Pleno a adopción dos seguintes ACORDOS:

1.- Adoptar as medidas legais posibles para obrigar a Rodman Polyships a cumplir o acordo, realizando de inmediato as seguintes obras: Reparación inmediata e mantenemento do alumeado, limpeza da maleza e terra dos márxenes, tomar medidas para evitar derrumbes dende a súa propiedade, colocación de rexas sobre a tarea de recollida de aguas.

2.- Non autorizar ningunha modificación do trazado do camiño que implique un perigo maior para os veciños."

Moaña, a 23 setembro de 2000

Asdo: Euloxio Santos Leites.

INTERVENCIÓNS:

O concelleiro-delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, di que falou do tema en reunións cos responsables da empresa Rodman, e que por parte da empresa se está estudiando o asunto; en todo caso habrá que requirir á empresa para que realice os traballos necesarios para á protección do camiño existente.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

 

14.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE MELLORAS NA REDE VIAL.

O alcalde, di que como o solicitado na moción se atopa en periodo de resolucióin de alegacións presentadas, solicita o Sr. Martínez Rodríguez a retirada da moción.

Respóstalle que non.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Xosé M. Millán Otero, considera que a proposta contida na moción é inorportuna e desafortunada, non cre que axude en algo os/as veciños/as. O BNG, non entrará en votación.

O voceiro do Grupo Municipal EdeG Os Verdes-, di que a moción é unha trampa, o seu grupo desexa tódalas melloras, non quere vía rápida. Votará en contra.

O concelleiro do Grupo Municipal PSG-PSOE, Julio Martínez Rodríguez, di que tódolos grupos actuarán en consecuencia e que se responsabilicen do seu voto.

O delegado de Urbanismo, Javier Abal Juncal, di ó Sr. Martínez que retire a moción.

Respóstalle que non retirará a moción, é o posicionamento do seu grupo.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por 1 voto a favor (Julio Martínez Rodríguez) 10 votos en contra (os Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, Sr. González González, Sra. Sotelo Pena, Sr. Martínez Couso, Sra Martín Alonso, Entenza Domínguez) e 5 abstencións ( os Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra Lorenzo Martínez, Sr. Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez e Santos Leites), acorda:

 

 

15.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE PREZOS DOS CARBURANTES.

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, dá lectura á moción e que, a continuación se transcribe; adianta neste acto, que ó non ter conocimento previo que a flota pesquera de Moaña finalizará o día 29 dos correntes.

"EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

No último ano, máis concretamente nos últimos meses, estamos asistindo á evidencia de que no sector dos hidrocarburos a abolición do monopolio en 1993 non implicou un incremento da competencia, e xa que logo, unha fixación de prezos de acordo co mercado. Pola contra, os prezos incrementáronse por enriba do impacto da evolución desfavorable do prezo do cru e a disminución da cotización do euro en relación co dólar.

Pero todas estas circunstancias, non explican que a diferencia de prezos entre as distintas compañías subministradoras sexa inferior ó 1%. Situación que revela que no sector de hidrocarburos non funicona a libre competencia, con grave prexuízo para os consumidores. Pola contra as grandes multinacionales petrolíferas, lonxe de afetarlles a crise enerxética, presentan cada ano records de beneficios de miles de millóns de pesetas. Asi asistimos estupefactos a noticias como que REPSO-YPF, ingresou un total de 30 billóns de pesetas nos últimos cinco anos pola venda de productos petroliferos dos cales un 69% corresponden a ventas en España.

Este importante encarecemento dos combustibles teñen unha forte incidencia na economía galega por repercutir negativamente na agrícultura, na pesca e no transporte en xeral.

No último ano, o IPC do transporte incrementouse, en relación co mes anterior nun 6,1% fronte ó 5,5% a nivel estatal, incídindo moi negativamente na competividade dos productos galegos. No mes de agosto, o prezo dos carburantes incrementouse, en relación co mes anterior un 2,8 % o dobre que o indíce Xeral, aumentando un 19,2% no último ano, cando IPC xeral aumentou o 3,0% o gasóleo B (gasóleo agrícola e de calefaccións) sufriu tamen un incremento de prezo, considerable no último ano, repercutindo negativamente nas rendas agrarias pola dependencia deste sector de combustible necesario para as diversas máquinas das explotacións agrarias.

Galicia sitúase como a Comunidade cos carburantes máis caros de España fronte a Murcia o Pais Vasco aparecen nos indices do mes de Xulio cos prezos máis baixos, segundo os datos que publica o Boletín Mensual de Hidrocarburos.

Paises coma Francia ou Alemania, desdecindo á propia Comisión Europea, xa empezan a tomar medidas parra disminuir o imposto especial de hidrocarburos e contrarestar os gravisimos efectos que este incremento continuado dos precios dos carburantes esta a producir na economía. Pola contra a España de Aznar, que cada dia vai peor, segue empeñada no obxectivo presupuestario do deficit cero, tratando as contas do Estado como si se tratase dunha empresa privada, perxudicando sempre as clases sociales máis desfavorecidas.

E por iso que o Grupo Municipal Socialista presenta esta MOCIÓN diante do Pleno desta Corporación para que se tome o seguinte ACORDEO DE RESOLUCIÓN:

O Concello de Moaña insta ó Goberno de España:

"A adopción das medidas necesarias que eviten as subidas desmedidas dos carburantes entre as que que deberán figura-las que garantan a libre competencia. Así como a reducción do imposto especial de hidrocarburos para os sectores do transporte, pesqueiro e agrícola."

En Moaña, a 25 de setembro de 2000.

Asdo: Jose Luis Leite Fraga.

O alcalde, manifesta que aínda que non está de acordo coa exposición de motivos, votará a favor da moción.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la mocións transcrita, nos seus propios termos.

 

 

Finalizado o debate e tratamento dos puntos da Orde do Día, o concelleiro D. Julio Martínez Rodríguez, solicita o debate da moción, polo trámite de urxencia:

MOCIÓN ACORDANDO POLO PLENO DIRIXIRSE Á AUTORIDADE PORTUARIA DE Vigo, para redacción do Plan Especial de actuacións na zona de Costas para acabar coa discrecionalidade de licencia outorgadas pola Autoridade Portuaria.

VOTACIÓN:

A Corporación, en votación ordinaria e por 1 a favor ( Sr. Martínez Rodríguez) e 14 en contra (Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Sra. Costas Gayo, Sr. González González, Sra. Sotelo Pena, Sr. Martínez Couso, Sra. Martín Alonso e Entenza Domínguez, Sr. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Sra. Lorenzo Martínez, Sr. Miranda Cancelas e Santos Leites) acorda rechaza-la solicitude de declaración de urxencia.

 

16.- ROGOS E PREGUNTAS.

D Xulio Martinez Rodriguez, en calidade de voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE no Concello de Moaña presenta a consideración do Pleno a seguinte,

ROGO:

Nos últimos tempos os/as veciños/as de Moaña estamos observando a alegría coa que a Autoridade Portuaria de Vigo está a conceder licencias dentro da súa zona de afección portuaria, dentro do termino municipal de Moaña para aterramentos (Astilleros Piñeiro, Fandicosta) pantalans deportivos (Recheo de Domaio, zona de A Borna) sen que exista o máis minimo control nin información á Corporación Municipal de Moaña, a cal moitas veces vese imcapacitada por tratarse de actuacións que non son da súa competencia.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte ROGO:

Que o Concello de Moaña se dirixa a Autoridade Portuaria de Vigo solicitando a redacción dun Plan Especial de Actuacións nas zonas de costa afectadas por tal Administracción dentro do término municipal de Moaña, para acabar coa discreccionalidade e o descontrol co que se estan otorgando licencias por parte da Autoridade de Vigo.

En Moaña 28 de Setembro de 2000.

A concelleira do Grupo Municipal do B.N.G, Sra. Lorenzo Martínez, fai o seguinte:

ROGO:

O Diario Oficial de Galicia n: 147 de 31 de xullo de 2000 publicada a Resolución do 14/6/00 da Dirección Xeral de Industria polo que se sometía a información pública o proxecto de autorización de instalacións á rede de subministración de gas a Marín, Bueu e Cangas, abrindo o trámite de alegacións para particulares e Administracións interesadas nestre proxecto, trámite previo ó de expropiacións para a execución de obras.

Nesta resolución, queda excluido o Concello de Moaña, a pesar de que a rede do noso concello figura no mesmo proxecto que a de Cangas, foi tramitada nos mesmos prazos e cabería esperar que a súa execución se realizase no mesmo prazo.

Ante esta situación, en previsión de que non se produzcan demoras ou incumprimentos no proxecto de gasificación de Moaña, o B.N.G.

ROGA:

Que a Alcaldía se poña en contacto inmediato coa Dirección Xeral de Industria e a empresa promotora Gas Galicia SDG, S.A. para solicitar as explicacións oportunas deste retraso no trámite de información pública, urxindo que se realice á maior brevidade posible.

Que esixa as garantías necesarias de que a obra se vai iniciar a rematar nos prazos establecidos no proxecto e entrará en funcionamento en servicio ao mesmo tempo ca nos demais concellos do Morrazo."

Moaña, 22 de setembro de 2000

ROGO DO B.N.G SOLICITANDO A RESTITUCIÓN DA CARPETA DE RESOLUCIÓNS Á SECRETARIA E O RESPECTO AO DEREITO DE CONSULTA

POR PARTE DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN

Debido a unha decisión arbitraria e inmotivada, desde o mes de xuño a carpeta onde se recollen as resolucións está secuestrada na alcaldía, limitándose o dereito de consulta por parte dos membros da Corporación. Esta situación novidosa, posto que dessde sempre estivo gardada na Secretaría e a disposición inmediata de que a solicitase, parece ter como causa o enfado que daquela colleu o señor alcalde con alguns concelleiros demasiado curiososos en un desexo esaxerado de manter a salvo a súa intímidade, quere dicir, as súas decisións.

Sen embargo, este exceso de celo non está amparado pola lei, como se desprende de informe emitido polo secretario municipal con data 26/9/2000, que adxuntamos, polo que supón unha extralimitación nas súas funcións vulnerando o dereito á información de concelleiros e concelleira.

Para saír desta situación absurda e irregular,

ROGAMOS

Teña a ben restituir a carpeta de resolucións ao lugar de onde foi sustraída e aplicar de agora en diante os criterios que se desprenden do informe do secretario, no tocante a custodia e dereitos de consulta."

Moaña, 28 de setembro de 2000

O Alcalde lle contesta que se cumprira o que ordene a lei.

Rogo do B.N.G.

"Adxudicada polo Concello a obra de remte do Camiño da Rotea, en Domaio e ante as continuas notas e contra notas, aparecidas na prensa, dende o B.N.G, queremos coñece-las previsións do grupo de goberno, sobre ás seguintes cuestións:

?Ten previsto, o concello, proceder o ancheamento do camiño da Rotea en toda a súa lonxitude, coas mesmas dimensións con que conta o tramo xa ancheado,"6 metros"?

?Teñen o concello feitas as xestións cos propietarios que faltan por cede-los terreos, especialmente có Sr. Delio Juncal?.

?Teñen previsto facer algunha obra, se os veciños non ceden os terreos?.

Moaña a 28 de setembro de 2000.

O voceiro do Grupo Municipal do EdeG, Os Verdes, Sr. Santos Leites, fai as seguintes PREGUNTAS :

1.- INSTALACIÓNS DAS OFICINAS DA ORAL NA CASA DA CULTURA DO REAL.

De xeito casual, xa que non me consta que en ningunha comisión se adoptara acordo algún ó respecto, entereime que as oficinas da ORAL trasladáronse recentemente a casa da cultura do Real. No pleno do mes de maio aprobouse por unanimidade unha mnoción de EdeG para adicar dita casa a Centro da Xuventurde, e instábase os servicios técnicos a facer unha valoración e proposta ó respecto. Como a actuación anterior entra en contradicción co aprobado polo Pleno é polo que pregunto ?Cáles son as razóns que levarón a instalar as oficiñas de ORAL na casa do Real? ?Tomarón algunha medida para o cumplimento do acordo plenario?.

 

 

 

2.- RIO DA FRAGA

Nas últimas semáns os veciños da desembocadura do río da Fraga levan expresado de forma cívica, coa colocación de pancartas a sús desesperación pola situación de abandono do río. En resposta a esta preocupación a única resposta da alcaldía é a retirada das pancartas. Ademáis desta actitude autoritaria ?Qué xestións ten feito para solucionar os verquidosn o río? ?Ten pensado reunirse cos veciños para falar das posibles solucións?

3.- SUBMINISTRO DE METADONA

Nun Pleno de fai perto dun ano aprobouse por unanimidade unha moción de EdeG para solicitar o subminis