Actas dos Plenos


ACTA 2/00

ACTA 2/00

ACTA DE SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 14 DE FEBREIRO DE 2000.

 

ORDE DO DÍA:

1.- PUNTO UNICO.-DESIGNACIÓN POR SORTEO DE PRESIDENTES, VOCAIS E SEUS RESPECTIVOS SUPLENTES NAS DISTINTAS MESAS ELECTORAIS COMO CONSECUENCIA DAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS XERAIS DO DÍA 12 DE MARZO DE 2000 (art. 26 da Lei 5/85 do 19 de xuño do Réxime Electoral Xeral.)

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. Javier Abal Juncal.

D* Maria C. Costas Gayo.

D. José González González.

D. Osbaldo Martinez Costa.

D*. Carmen Entenza Dominguez.

D*. Carmen Sotelo Pena.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. José E. Santos leites.

Secretario : Felipe Fermoso Valdes.

Na casa do Concello de Moaña, o 14 de febreiro de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Extraordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 13:00 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 13:00 horas.

 

INCIDENCIAS:

Non asistiron D. José Manuel Cordeiro Portela, D*. Maria Martín Alonso, D*.Isabel Lorenzo Martínez e D.José Leite Fraga.

 

1.- PUNTO UNICO.-DESIGNACIÓN POR SORTEO DE PRESIDENTES, VOCAIS E SEUS RESPECTIVOS SUPLENTES NAS DISTINTAS MESAS ELECTORAIS COMO CONSECUENCIA DAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS XERAIS DO DÍA 12 DE MARZO DE 2000 (art. 26 da Lei 5/85 do 19 de xuño do Réxime Electoral Xeral.)

Aberto o acto pola presidencia procédese a dar cumplimento o disposto no art. 26 da Lei 5/85 do 19 de xuño, modificada por distintas leis orgánicas e efectuado o correspondente sorteo, asignanse os cargos de Presidentes, Vocais e seus respectivos suplentes, para cada unha das 24 mesas electorais existentes no término municipal.

A tal efecto tomarase como referencia para toda-las e cada unha delas, a folla número 8 das listas, e o número 23 de orden de cada folla. Adxudicando os respectivos cargos tendo en conta os requisitos esixibles para cada un deles.

 

E, non sendo outro o obxeto, a presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 13:15 horas , do día fixado no encabezamento, de todo o que, como Secretario DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,