ACTA 5/00
ACTA DE SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO REALIZADO O DÍA 11 DE ABRIL DE 2000.
ORDE DO DÍA:
1.- APROBACIÓN, SE É O CASO, ACTA N: 3 E 4/2000.
2.- RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.
3.- DAR CONTA DA PROPOSTA DO PSG-PSOE S/ REESTRUCTURACIÓN DE ÓRGANOS MUNICIPAIS.
4.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE MONTES DE MOAÑA E CONCELLO.
5.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN GOBERNO SOBRE CONVENIO UNIVERSIDADE DE VIGO-CONCELLO.
6.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO SOBRE LIQUIDACIÓN HABERES DUNHA FUNCIONARIA.
7.- ESCRITO DE VECIÑOS/AS DE SAN MARTIÑO SOBRE PETICIÓN Ó SERGAS DE CONSULTORIO MÉDICO E ABELENDO.
8.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO DE ANTICIPO Á DEPUTACIÓN.
9.- ESTUDIO DE DETALLE DA U.G. 5.
10.- PROXECTO REAXUSTE ÁMBITO DA U.G. EN C. ARENAL 176-178.
11.- ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN DA U.G. 5.
12.- MODIFICACIÓN PUNTUAL NORMA SOBRE U.G. 8.
13.- CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL ENTRE CAIXAVIGO E CONCELLO.
14.- TRANSFERENCIAS Á MANCOMUNIDADE EN MATERIA DE RSU.
15.- ENAXENACIÓN BEN PATRIMONIAL, PREGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN.
16.- MOCIÓN DO BNG, SOBRE CAMIÑO DO PRADO EN TIRÁN.
17.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE VIVENDAS SOCIAIS.
18.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE SALA DE EXPOSICIÓNS.
19.- MOCIÓN DE EG, SOBRE VERTEDOIROS.
20.- ROGOS E PREGUNTAS.
ASISTENTES:
Sr. Alcalde D. JAVIER BARREIRO TENORIO
CONCELLEIROS:
D. Alberto Currás Piñeiro.
D. José Manuel Cordeiro Portela
D. Javier Abal Juncal.
D* Maria C. Costas Gayo.
D* Carmen Sotelo Pena.
D. José González González.
D. Osbaldo Martinez Costa.
D* María Martín Alonso.
D*. Carmen Entenza Dominguez.
D. Xosé Manuel Millán Otero.
D. Rosendo Moreira Piñeiro.
D*. Isabel Lorenzo Martinez.
D. Alberto Miranda Cancelas.
D. Julio Martínez Rodríguez.
D. José Luis Leite Fraga.
D. José E. Santos Leites.
Secretario :
D. Felipe Fermoso Valdes.Na casa do Concello de Moaña, o 11 de abril de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Ordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:00 horas, en primeira convocatoria.
A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.
INCIDENCIAS:
Non asistiu a concelleira Sra Sotelo Pena, por atoparse convalecente das lesións sufridas en accidente de tráfico.
1.- APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES:
Dáse conta dos borradores das actas 3 e 4/2000, correspondente as realizadas o día 24 de febreiro do ano que andamos.
Intervén o concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, di que no punto 10 da sesión n: 4/00, e no turno de intervencións, no párrafo 1: debe dicir literalmente "O voceiro do Grupo Municipal do PP, Sr. Currás Piñeiro, di que está de acordo en parte da moción, pero que non existe consignación económica".
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda-la aproba-las actas sinalas, sen máis reparo.
2.- RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA:
Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2000.
Interven o voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que hai resolucións da Alcaldía autorizando a empresas que non son de Moaña a verter no vertedeiro municipal.
Respóstalle o alcalde, que aínda que hai algunha autorización a empresas que non son de Moaña, podo dicirlle que os escombros que verten no vertedeiro son de obras do Concello de Moaña.
Intervén o voceiro do Grupo Municipal, Sr. Millan Otero, di que nas resolucións de autorización de verquidos non consta informe da empresa Lagares, no sucesivo que se faga constar.
A Corporación queda o corrente.
3.- DAR CONTA DA PROPOSTA DO PSG-PSOE S/ REESTRUCTURACIÓN DE ÓRGANOS MUNICIPAIS.
Con motivo da toma posesión do concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, D. Julio Martínez Rodríguez, o pasado día 24 de febreiro do ano que andamos, se dá conta do escrito presentado 17.03.00 polo voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga e que, transcrito, di:
ASUNTO: Designación de voceiro do Grupo Municicipal e representantes nas distintas comisións:
Voceiro Grupo Municipal:
Titutar: D. José Luis Leite Fraga.
Suplente: D. Julio Martínez Rodríguez.
Comisións Informativas:
Facenda: D. José Luis Leite Fraga.
Servicios: D. José Luis Leite Fraga.
Urbanismo: D. Julio Martínez Rodríguez.
Cultura: D. Julio Martínez Rodríguez.
Padroado Beiramar:
D. José Luis Leite Fraga.
Representantes Organos colexiados:
Colexio de Quintela: D. Julio Martínez Rodríguez.
Colexio do Real: D. José Luis Leite Fraga.
Moaña, 15 de marzo de 2000.
Polo tanto se procede á reestructuración dos órganos afectados, quedando do seguinte xeito:
"COMISIÓNS INFORMATIVAS
-COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO,VIVENDA, MEDIO AMBIENTE, OBRAS, TRÁFICO, SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIVIL. 1-3 MARTES.
Delegado-Presidente: D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP)
Vocais: D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP) Sup. Maria Martín Alonso
D. SBALDO MARTINEZ COUSO (PP)Sup.M* Carmen.Costas Gayo
D*. CARMEN SOTELO PENA (PP) Sup. Carmen Entenza Dominguez
D. .JOSÉ MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)Sup.Alberto Currás Piñeiro.
D. XOSÉ M. MILLÁN OTERO (BNG) Sup.Alberto Miranda Cancelas
D. ROSENDO M.MOREIRA PIÑEIRO(BNG)Sup.Isabel Lorenzo Martínez
D. Julio Martínez RodriguezZ (PSOE) Sup.José Luis Leite Fraga
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
-COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS, FACENDA, PERSOAL, EMPREGO E PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR, INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO. 2-4 MARTES
Delegado-Presidente D. JOSÉ M. CORDEIRO PORTELA (PP)
Vocais: D. ALBERTO CURRÁS PIÑERO (PP) Sup. Maria Martín Alonso
D*.CARMEN ENTENZA DOMINGUEZ(PP) Sup.José González González
D*.M* CARMEN COSTAS GAYO (PP) Supl. Carmen Sotelo Pena
D. OSBALDO MARTINEZ COUSO (PP) Supl. Javier Abal Juncal
D.ROSENDO MOREIRA PIÑEIRO (BNG)Sup.José M. Millán Otero
D*.ISABEL LORENZO MARTÍNEZ(BNG)Sup. Alberto Miranda Cancelas
D. JOSÉ L.LEITE FRAGA (PSOE) Sup.Julio Martínez Rodriguez
D.JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
-COMISIÓN INFORMATIVA DE SERVICIOS MUNICIPAIS, ENSINANZA E RELACIÓNS VECIÑAIS. 1-3 MÉRCORES.
Delegado-Presidente D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
Vocais: D*.CARMEN SOTELO PENA(PP) Supl. José M.Cordeiro Portela
D*.MARIA MARTÍN ALONSO (PP)Sup. Alberto Currás Piñeiro
D*.M* CARMEN COSTAS GAYO (PP) Sup. Osbaldo Martinez Couso
D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP) Sup. Carmen Entenza Dominguez
D. ALBERTO MIRANDA CANCELAS(BNG)Sup. Xosé M.Millan Otero
D. ISABEL LORENZO MARTINEZ (BNG) Sup. Rosendo Moreira Piñeiro
D. JOSÉ L. LEITE FRAGA (PSOE) Sup. Julio Martínez Rodriguez
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
-COMISIÓN INFORMATIVA DE CULTURA E PATRIMONIO, XUVENTUDE, DEPORTE, SERVICIOS SOCIAIS, SANIDADE E CONSUMO, MULLER E FAMILIA. 2-4 MÉRECORES.
Delegado-Presidente D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP)
VOCAIS: D*. MARIA MARTÍN ALONSO(PP) Sup. José M.Cordeiro Portela
D*. M* CARMEN. COSTAS GAYO (PP) Sup. José González González
D*. CARMEN ENTENZA DOMINGUEZ (PP) Sup.Carmen Sotelo Pena
D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP) Sup. Osbaldo Martínez Couso
D. XOSÉ M. MILLÁN OTERO (BNG) Sup.Rosendo Moreira Piñeiro D.ALBERTO MIRANDA CANCELAS(BNG)Sp.Isabel Lorenzo Martínez
D. Julio Martínea Rodriguez VIEITEZ (PSOE) Sup. José L. Leite Fraga
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
VOCEIROS:
Presidente. D. JAVIER BARREIRO TENORIO (PP)
Portavoz: D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP)
D. XOSÉ M. MILLÁN OTERO (BG)
D. JOSE L.LEITE FRAGA (PSOE)
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
MANCOMUNIDADE
Alcalde: D. JAVIER BARREIRO TENORIO (PP)
Concelleiros: D. OSBALDO MARTÍNEZ COUSO (PP)
D. JOSÉ GÓNZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
D*. MARIA MARTÍN ALONSO (PP)
PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR:
Presidente: D. JOSÉ MARIA CORDEIRO PORTELA (PP)
Concelleiros: D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP)
D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
D*.CARMEN SOTELO PENA (PP)
D. OSBALDO MARTÍNEZ COUSO (PP)
D. ROSENDO MOREIRA PIÑEIRO (BNG)
D*. ISABEL LORENZO MARTINEZ (BNG)
D. JOSE L. LEITE FRAGA
D. JOSÉ E. SANTOS LEITES (EG-OV)
COMISIÓN DE GOBERNO E TENIENTES DA ALCALDÍA:
As tenencias da Alcaldía e membros da Comisión de Goberno, corresponderálles a cinco membros do grupo municipal do Partido Popular. Así como a orde de substitución do alcalde:
1: Tenente de alcalde: D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO
2: Tenente de alcalde D. J. MANUEL CORDEIRO PORTELA
3: Tenente de alcalde D. JAVIER ABAL JUNCAL
4: Tenente de alcalde D. JOSÉ GONZALEZ GONZÁLEZ
5: Tenente de alcalde D*. MARÍA MARTIN ALONSO
DELEGADOS DA ALCALDÍA:
DELEGADO DE URBANISMO, VIVENDA E MEDIO AMBIENTE
D. JAVIER ABAL JUNCAL (PP)
DELEGADO DE OBRAS
D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ (PP)
DELEGADO DE FACENDA
D. JOSÉ MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)
DELEGADO DE EMPREGO E PATRONATO MUNICIPAL BEIRAMAR
D. JOSÉ MANUEL CORDEIRO PORTELA (PP)
DELEGADO DE CULTURA E PATRIMONIO
D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO.(PP)
DELEGADO DE PERSOAL
D. ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO (PP)
DELEGADO DE SERVICIOS SOCIAIS
D*. MARIA DEL CARMEN COSTAS GAYO (PP)
DELEGADO DE SANIDADE E CONSUMO
D*. MARIA DEL CARMEN COSTAS GAYO (PP)
DELEGADO DE SERVICIOS MUNICIPAIS
D. JOSÉ GONZALEZ GONZÁLEZ (PP)
DELEGADO DE ENSINO E RELACIÓNS VECIÑAIS
D*. CARMEN SOTELO PENA (PP
DELEGADO TRÁFICO,SEGURIDADE CIUDADANAE PROT.CIVIL
D. OSBALDO MARTINEZ COUSO (PP)
DELEGADO DE XUVENTUDE
D*. MARIA MARTÍN ALONSO (PP)
DELEGADO DE DEPORTES
D*. MARIA MARTÍN ALONSO (PP)
DELEGADO DE MULLER E FAMILIA
D*. CARMEN ENTENZA DOMINGUEZ (PP)
DELEGADO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
D*. CARMEN ENTENZA DOMINGUEZ (PP)
REPRESENTANTES NOS ORGANOS COLEXIADOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL.
COLEXIOS DO CONCELLO
DOMAIO: D. JOSÉ GONZÁLEZ GONZÁLEZ . A GUIA: D. JOSÉ E. SANTOS LEITES
ABELENDO :D* M* CARMEN COSTAS GAYO. REIBÓN: D.ROSENDO MOREIRA PIÑEIRO
SEARA: D* ISABEL LORENZO MARTÍNEZ. QUINTELA: D. JULIO MARTINEZ RODRIGUEZ
TIRÁN: CARMEN SOTELO PENA. PREES.REAL: D. JOSE L.LEITE FRAGA
PREES.VERDUCEDO: D. ALBERTO MIRANDA CANCELAS
BUP: ALBERTO CURRÁS PIÑEIRO
F.P.: MARIA MARTÍN ALONSO
A Corporación quedou enterada da nova composición dos órganos municipais.
4.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE MONTES DE MOAÑA E CONCELLO.
O alcalde dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 04.04.00, do informe de Secretaría Municipal, realizado o día 27.03.00 e da valoración técnicas dos servicios técnicos, realizada o día 06.04.00, toda esta documentación figura no punto n: 4 da Orde do Día e que, transcritos, din:
"O delegado dá conta á comisión do Convenio de colaboración entre o Concello de Moaña e a Xunta de Montes de Moaña sobre cesión de ben e a súa contraprestación.
Dase conta tamen da valoración realizada polo técnico do Concello, asi como o informe do secretario municipal.
A Comisión dáse por enterada en propón tratar este asunto no próximo pleno para o seu debate e aprobación, se procede."
Moaña, 4 de abril de 2000.
O DELEGADO.
A continuación dáse conta do convenio de colaboración entre o concello de Moaña e Xunta de Montes de Moaña s/ cesión de bens e a súa contraprestación e que, transcrito, di:
"Reúnense dunha parte D. Javier Barreiro Tenorio, Alcalde Presidente do Ilmo. Concello de Moaña, quen actúa en nome e representación do mesmo, para o que se atopa debidamente facultado, e da outra parte
D. Manuel Gozález Gayo, Presidente da Xunta de Montes de Moaña, igualmente facultado pola súa asamblea.
Ambas partes reconocen con capacidade legal suficiente para otorgar o presente convenio e a estes efectos,
M A N I F E S T A N:
1.- O Concello de Moaña ten a necesidade urxente de dispor da superficie necesaria para a construcción dun campo de futbol e seus anexos, carecendo de parcela idonea destinada a este fin.
2.- A Xunta de Montes de Moaña é titular dunha parcela no lugar da Tioura, en Moaña, cuio título aporta.
De acordo co anterior o Concello de Moaña e a Xunta de Montes de Moaña, acordan firmar un convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes
C L A U S U L A S:
1.- A Xunta de Montes de Moaña cede a este Concello unha finca no lugar de da Tioura con unha superficie suficiente para levar a cabo sobre a mesma a construcción dun campo de futbol e seus anexos.
2.- Dita Xunta de Montes como contraprestación verase compensada coas seguintes obras:
-Asfaltado do camiño da Tioura o Meixoeiro
-O Concello colaborará na plantación e colocación de mesas e bancos nas inme-
diacións do complexo deportivo que se construira sobre a parcela cedida.
-O mantenemento das instalacións deportivas correrá por conta do Concello.
3.- Executarase na súa totalidade o acordo adoptado pola Comisión de Goberno en sesión realizada en 31 de maio de 1993. Nunha primeira fase deste compromiso o Concello e a Comunidade de Montes, aportará por partes iguais 1.000.000.-ptas. O Concello aportará personal e documentación técnica, asi como, a man de obra.
O resto da obra según proxecto técnico que se redacte, executarase mediante compromiso que adopten as partes.
4.- O prazo de execución da obra do campo de futbol establecese en dezaoito meses.
5.- Por canto al fin e destino da finca cedida e mantenimento deste compromiso e outros se estará ó disposto no Regulamento de Bens das Corporacións Locais.
6.- A entrada en vigor do presente convenio se fixa na data de firma do mesmo, unha vez, autorizado polo Pleno da Corporación. Non obstante o Concello poderá facer uso da finca para realizar labores de extración de pedra e explanación.
En proba de conformidade as dúas partes firman este convenio no lugar e data que se indican a continuación.
Moaña,____________________
O ALCALDE, O PTE. COMUNIDADE DE MONTES
ASDO. JAVIER BARREIRO TENORIO ASDO. MANUEL GONZÁLEZ GAYO
Visto o informe de Secretaría Municipal, realizado o día 27.03.00 e que, transcrito, di:
"O Sr. Alcalde solicítame informe sobre o convenio de colaboración entre o Concello de Moaña e a Xunta de Montes de Moaña, mediante o cal esta cede ó Concello a superficie tan amplia como sea necesaria dunha parcela da súa propiedade no lugar da Tioura, para a construcción sobre a mesma dun campo de futbol. Sendo compensada a Xunta co relacionado nas cláusulas, 2 e 3 do convenio; aceptando ambas partes o estipulado neste.
Por canto antecede esta Secretaría emite o seguinte
I N F O R M E
1.- Lexislación aplicable. Art. 10.f) e 13 do Regulamento de Bens das CCLL e art. 47 da Lei 7/85 de dous de abril.
2.- Previa presentación do convenio haberá de valorarse o ben que recibe o Concello, debendo ser igual o que entrega nas modalidades descritas. Habrá de mante-lo destino do ben o Concello coas formalidades do art. 13 do Regulamento de Bens.
3.- O acordo habrá de adotarse nos términos previstos no art. 47 da Lei 7/85 do dous de abril, maioria absoluta.
E, canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá. "
Moaña, vintesete de marzo de dous mil
O SECRETARIO
|
VALORAC I Ó N FINCA SITUADA NO LUGAR DA TIOURANO MEIXOEIRO, CEDIDA POLA COMUNIDADE DE MONTES DE MOAÑA Ó CONCELLO DE MOAÑA |
ÍNDICE
Non existe na actualidade unha delimitación exacta de dita parcela, anque a superficie axeitada para realizar un campo de futbol perfectamente acondicionado e os seus anexos, tanto instalacións suplementarias como demáis servicios debe ser cando menos de duas hectareas, polo que a valoración seguinte se vai a referir á cantidade de 20.000 m2.
2. LOCALIDADE
Concello: Moaña.
Tipo de núcleo: Rústico.
Comunicación: Barcos de pasaxe e autobuses
Censo de habitantes: Aproximadamente 18.000
Crecimiento da poboación: En aumento nos últimos años
Actividad dominante: Industrial, pesqueira e residencial
Significado: A zoa donde se ubica esta parcela está situada no lugar da Tioura, no Meixoeiro.
5. DATOS URBANÍSTICOS.
Se inclue a parcela dentro da calificación de zona de equipamentos deportivos DEP.
6. VALORACIÓN.
20.000 m2 x 500 pts/m2 10.000.000 pts.
TOTAL 10.000.000 PTS. (DEZ MILLÓNS DE PESETAS)
Moaña, 6 de abril de 2000
Asdo. Xosé Manuel Carballo Moldes
Arquitecto Técnico do Concello de Moaña.
DELIBERACIÓN:
O voceiro do Grupo Municipal EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, di que estou de acordo co convenio; nembagantes, non estaría demáis que este tipo de propostas viñeran acompañadas do correspondente proxecto.
O voceiro do Grupo Municipal BNG, Sr. Millán Otero, manifesta que a Corporación debe agradecer á Xunta de Montes a disposición para a sinatura do convenio. Os métodos e a súa tramitación non son os correctos, parece que a concellala de Deportes descoñecía este proxecto. Non existe levantamento topográfico da parcela, nin valoración, as contrapartidas non se atopan valoradas, por elo o BNG, non participa na chapuza da proposta do Grupo de Goberno. Con máis documentación a apoiaría o convenio.
O voceiro do Grupo do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que votará a favor da proposta e pide ó alcalde máis datos, faltan moitos.
O alcalde, di que o convenio é ventaxoso paa ambas partes; equiparanse as valoracións.
Os que se pronuncian en contra é porque faltoulles talante no seu día para sacar adiante un tema tan importante para este Concello.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por doce votos a favor (Grupos Municipais do PP, PSG-PSOE e EdeG-Os Verdes: Sres.: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Santos Leite, Martínez Rodríguez e Leite Fraga e as Sras. Costas Gayo, Martín Alonso e Entenza Domínguez) e catro abstencións (Grupo Municipal do BNG: Sres.: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas e a Sra. Lorenzo Martínez), acorda:
1:.- Aproba-lo convenio transcrito, nos seus propios termos.
2:.- Faculta-lo alcalde para a sinatura dos documentos necesarios.
5.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN GOBERNO SOBRE CONVENIO UNIVERSIDADE DE VIGO-CONCELLO.
O Delegado de Cultura, D. Alberto Currás Piñeiro, dá conta do acordo da Comisión de Goberno, realizada o día 13.03.00 e que a continuación se transcribe, realiza unha exposición do contido do convenio, adiantando que en canto á radio municipal se espera unha contestación.
"4.A) APROBACIÓN, SE É O CASO, DE ACORDO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE MOAÑA E A UNIVERSIDADE DE VIGO:
Dáse conta do acordo marco de colaboración entre o Concello de Moaña e a Universidade de Vigo, que consta de catro follas numeradas do 1 ó 4-, co obxecto de promove-la cooperación e a colaboración para o desenvolvemento científico e tecnolóxico de Galicia, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.
A Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1:.- Aproba-lo acordo marco de colaboración entre o Concello de Moaña e a Universidade de Vigo.
2:.- Faculta-lo alcalde para a sinatura do acordo marco de colaboración.
6.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO SOBRE LIQUIDACIÓN HABERES DUNHA FUNCIONARIA.
O alcalde dá conta de tódolos antecedentes existentes no punto n: 6 da Orde do Día, que sirviron de base para adopta-lo acordo da Comisión de Goberno, realizada o día 06.09.99, e que, transcrito di:
"2.C) ADOPCIÓN ACORDOS, S/ RECURSO DE REPOSICIÓN:
Dáse conta do recurso de reposición, presentado por D* Ana M* Costa Gándara, en relación o acordo adoptado pola Comisión de Goberno n: 16/99, realizada o día 19 de abril de 1999 "S/ de aboamento de atrasos", solicitando que reconsideren a petición e se tome acordo nos seguintes extremos:
1:.- Aboamento dos atrasos das retribución aprobadas para o exercicio de 1998.
2:.- Que se aboen as substitucións que realicei a partir do 6 de agosto de 1998.
Vistos tódolos antecedentes acordos anteriores de Comisión de Goberno favorables de retroactividade das retribucións aprobadas cos presupostos municipais e informe favorable da Secretaría Municipal a Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda :
1:.- Aproba-la solicitude de aboamento dos atrasos das retribucións aprobadas cos presupostos municipais do 1998 á funcionaria D* Ana M* Costa Gándara, por "desempeñar traballos de especial dedicación e responsabilidade dende o 1 de xaneiro de 1998, atá o 5 de agosto de 1998, motivado a que xa entón realizaba os traballos, debendo descontarlle da cantidade as substitucións do secretario realizadas durante o citado periodo, é dicir, 01.01.99 ó 05.08.99."
DELIBERACIÓN:
O voceiro do Grupo Municipal do EdeG Os Verdes-, Sr. Santos Leites, pensa que non se debe entrar a valorar o tema, non está de acordo cos métodos utilizados en materia retributiva, desta forma se disparará o agravio comparativo, debe atallarse, do contrario non se acabará coa discrecionalidade.
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que o seu grupo a presente proposta absorveulle a maior parte do tempo no seu estudio. Solicita a retirada do Orde do Día e que se devolva á Comisión Informativa.
Si non se constituye a Comisión Paritaria, o Grupo de Goberno non dará unha no clavo; dende 1998 aumentánse retribucións e liquidánse sin criterio ningún; dando lugar a interpreta-lo acordo "un transfondo político".
O Delegado de Persoal, Sr. Currás Piñeiro, di que a presente proposta non é unha subida salarial, trátase dunha liquidación de haberes como a outros traballadores, con efectos retroactivos.
Tamen di que a catalogación e valoración de postos de traballo levárase a cabo sin presas pero sin pausa.
Solita intervención o Comité de Empresa, non accedendo o alcalde, por non considerarlle parte interesada no acordo adoptado.
O voceiro do Grupo do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que o alcalde debeu concede-la palabra ó Comité de Persoal, o asunto debeu pasar pola Comisión Informativa, a proposta non trata máis que liquidar haberes con retroactividade do 01.01 ó 06.08.98, debendo a interesada devolve-las cantidades percibidas por substitucións ó secretario.
VOTACIÓN E ACORDO:
O alcalde somete a votación a proposta de retirada do punto da Orde do Día co resultado de sete votos a favor (os Grupos Municipais do BNG, PSG-PSOE e EdeG-Os Verdes.: Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Sra. Lorenzo Martínez, Sres: Martínez Rodríguez, Leite Fraga, Santos Leites) e nove en contra (o Grupo Municipal do PP, Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso e Sras: Costas Gayo, Martín Alonso e Entenza Domínguez), con este resultado a Corporación acorda rechaza-la proposta de retirada do asunto da Orde do Día.
Seguidamente o alcalde somete a votación a ratificación do acordo da Comisión de Goberno sobre liquidación haberes dunha funcionaria e por once votos a favor (o Grupo Municipal do PP e PSG-PSOE, Sres.: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso, Martínez Rodríguez e Leite Fraga e as Sras. Costas Gayo, Martín Alonso e Entenza Domínguez) e cinco abstencións (o Grupo Municipal do BNG e EdeG Os Verdes: Sres.: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Santos Leites e a Sra. Lorenzo Martínez), con este resultado a Corporación acorda ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno n: 35/99, realizada o día 06.08.99 punto "2.C) Adopción acordos s/ recurso de reposición." Dos da Orde do Día.
Explicación do voto:
O voceiro do Grupo Municipal PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que debeu pasar por Comisión Informativa e intervido polo Comité de Empresa.
O voceiro do Grupo Municipal EdeG-Os Verdes, Sr. Santos Leites, manifesta que a non autorización a intervir ó Comité de Empresa, considerao como unha actitude antidemocrática do alcalde.
O concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Moreira Piñeiro, fai referencia ó acordo da Comisión de Goberno n: 16/99, onde se di que queda liquidada.
7.- ESCRITO DE VECIÑOS/AS DE SAN MARTIÑO SOBRE PETICIÓN Ó SERGAS DE CONSULTORIO MÉDICO E ABELENDO.
O alcalde dá a palabra a D. Manuel Pastoriza Núñez, voceiro dos/as veciños/as de Abelendo, quen fai unha exposición xustificando a petición formulado por 1800 veciños/as.
DELIBERACIÓN:
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que votarán a favor da proposta. Facendo historia existiu no pasado unha Comisión moi amplia coas mesmas demandas e hoxe trátase o tema con certo retraso. Ó alcalde comprométeuse a negociar coa Sergas e despois do estudio foi desestimado o consultorio de Abelendo. Dá a impresión que o noso alcalde lle falta peso político dentro dun partido, si funcionara o centro non habría lugar á recopilación de tantas firmas. O BNG, agrega a proposta, así como a creación dunha Comisión entre grupos.
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes-, Sr. Santos Leite, adianta o voto a favor da proposta e fai hincapé que o acordo se adopta mal e tarde, doutra forma estaría creado xa o centro de saúde. Apoia a proposta o cal non debe ir en detrimento do futuro centro de saúde de Moaña.
O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, di que é unha satisfacción para os/as veciños/as de Abelendo e apoia a proposta na súa totalidade; manifesta que desta forma se evita os problemas de transporte etc.
A concellala de Sanidade, Sra. Costas Gayo, replica ó Sr. Millán que non é certo o exposto por este.
O Sr. Millán Otero, di que non mente, admite que pudo equivocarse e polo tanto se reafirma na súa exposición.
Por último o alcalde, dá lectura á proposta de acordo do Equipo de Goberno, que transcrita, di:
"Á vista da petición formulada polos veciños da parroquia de San Martiño, na que solicitan ó Sergas a implantación dun consultorio médico en Abelendo que atenda á poboación en xeral, pero moi en especial ás persoas maiores, pois a súa avanzada idade dificulta e resúltalles moi dificil o desprazamento constante e permanente ó lugar máis próximo como é a Casa do Mar, e polo que o Pleno da Corporación, por unanimidade dos seus membros, acorda o seguinte:
1:.- Solicitar da Dirección Provincial do SERGAS a implantación dun centro de atención primaria periférico en Abelendo que atenda á poboación en xeral e que conte, a lo menos cun ATS e cun médico, tal e como sucede nos centros de Meira e Domaio.
2:.- Apoia-lo escrito dos veciños de San Martiño nos seus propios termos.
3:.- Dar traslado deste acordo á Dirección Provincial do SERGAS, xunto a petición dos veciños mailas sinaturas recollidas nos folios dende o número 1 ó 51 do seu escrito."
Moaña, 10 de abril de 2000.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos.
8.- RATIFICACIÓN ACORDO COMISIÓN DE GOBERNO DE ANTICIPO Á DEPUTACIÓN:
O alcalde fai unha exposición sobre o destino dos fondos do anticipo, dando conta do acordo adoptado pola Comisión de Goberno, realizada o día 13 de marzo do ano que andamos e, que transcrito, di:
"
O alcalde dá conta da proposta, realizada o día 13.03.00 e que, transcrita, di:
"O Concello ten a necesidade urxente, dado o custe que supón o aluguer do almacen de servicios para arcas municipais, da construcción dunha nave; e dado que está previsto realizar está obra polo equipo de goberno próximamente é necesario solicitar da Deputación Caixa de Anticipos- un anticipo, polo importe de 30.000.000 ptas, para a execución da obra de "adquisición de terreos e construcción de nave para servicios".
Para elo é necesario que se adopte o seguinte acordo:
1:.- Consignar nos presuposto ordinarios, atá a total extinción do anticipo, cantidade bastante para responder do pagamento da cuota anual de amortización e intereses correspondentes.
2:.- O concello faculta expresamente á Caixa de Anticipos e á Deputación Provincial a reter e compensa-las débedas do Concello coa Caixa de anticipos, con calquera cantidade que o Concello deba percibir da Deputación o de calquera dos seus organismos autónomos por calquer concepto, xa se trate de subvención ou transferencia corrinte ou de capital
3:.- Ratifica-lo acordo polo Pleno da Corporación, na proxima sesión que se celebre."
A Comisión de Goberno, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la proposta transcrita, nos seus propios termos."
DELIBERACIÓN:
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes-, Santos Leites, preguntase para que se quere ratifica-lo acordo. Debe presentarse proxecto técnico da obra a realizar, non existe nada. Onde se vai a construir a nave de servicios, que custe ten o terreo e a nave. O goberno pide o diñeiro e despois fará o que lle pareza, a política de petición de préstamos e anticipos continúa igual de mal. Votará en contra da proposta.
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que no expediente consta escrito de Diputación condicionado a presentar memoria da obra e outros e ante a cautela mostrada por dito organismo, non se pode pedir o voto ó BNG. O concello ve negocio rentable nesta operación, asi como nos anticipos do Estado e outros órganos, non se leva a política de austeridade. Votará en contra.
O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que ainda que considera importante a construcción do local para servicios, non votará a favor da proposta. Non existe proxecto, terreos, nin informe da Comisión Informativa, solicita retirar a proposta da Orde do Día.
O Alcalde, aínda que en principio concedan 15 millóns, en función do concedido irá o que podamos comprar. Onde se ubicará a nave, se sabrá no seu momento.
VOTACIÓN E ACORDO:
O alcalde somete a votación a proposta de retirada do punto da Orde do Día co resultado de sete votos a favor (os Grupos Municipais do BNG, PSG-PSOE e EdeG-Os Verdes.: Sres: Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Sra. Lorenzo Martínez, Sres: Martínez Rodríguez, Leite Fraga, Santos Leites) e nove en contra (o Grupo Municipal do PP, Sres: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso e Sras: Costas Gayo,
A Corporación, en votación ordinaria e por nove votos a favor (os/as dos Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso e as Sras. Costas Gayo, Entenza Domínguez e Martín Alonso) cinco votos en contra (Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Santos Leites e Sra. Lorenzo Martínez) e dúas abstencións (Leite Fraga, Martínez Rodríguez) acorda ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno transcrito, nos seus propios termos.
9.- ESTUDIO DE DETALLE DA U.G. 5.
O Delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 04.04.00 e que, transcrita, di:
"O delegado dá conta do Estudio de Detalle da U.G. 5 en Meira, presentado por D. Manuel Pousada Carballo.
Dáse conta asi mesmo do informe do Secretario de data do 3 de abril de 2000.
A Comisión dáse por enterada e propoñen levalo ó próximo pleno, para o seu debate."
Moaña, 4 de abril de 2000.
O DELEGADO,
Tamén do informe do secretario xeral, Sr. Fermoso Valdés, realizado o día 03.04.00 e informe do arquitecto municipal, Sr. Lage Pérez, realizado o día 16.03.00 e que, transcritos, din:
"INFORME DE SECRETARÍA
ASUNTO: APROBACIÓN INICIAL ESTUDIO DE DETALLE.
Antecedentes:
D. MANUEL POUSADA CARBALLO, domiciliado en C.Arenal, 114 de Moaña presenta documentación técnica para a tramitación de Estudio de Detalle en la Unidade de Xestión 5 -C-550 en Moaña. Autoriza a documentación técnica o arquitecto D. José Díaz de la Iglesias, e unese a mesma, informe do arquitecto municipal en sentido favorable. Esta secretaria desconoce si debe estar informado previamente o proxecto por órganos sectoriais.
En base a conto antecede, emitese o seguinte
I N F O R M E:
1.- Lexislación aplicable: Art. 30 e 34 e seguintes da Lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia.
2.- De non estar afectado por órgano que deba emitir informe previo, a Corporación pode proceder a aprobación inicial do Estudio de Detalle; continuando cos trámites previstos no art. 34 da Lei 1/97. En canto a aprobación definitiva deberá contarse con informe previo da CPTOPV.
3.- De seguir os trámites establecidos, esta secretaria non ten inconvinte algún na aprobación inicial do proxecto presentado.
Non obstante a Corporación decidirá."
Moaña, 3 de abril de dous mil.
O SECRETARIO,
"Infórmase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto polas Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Moaña, (tendo en conta as apreciacións desenroladas no informe precedente de data 10.12.99) así como ás determinacións do art. 30 da lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia e concurrentes do Regulamento de Planeamento."
Moaña, 16 de marzo de 2000.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1:.- Aproba-la proposta transcrita e mailos informes do secretario e arquitecto municipal, nos seus propios termos.
2:.- Aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.G.5, en Meira, presentado por D. Manuel Pousada Carballo, redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.
10.- PROXECTO REAXUSTE ÁMBITO DA U.G. EN C. ARENAL 176-178.
O delegado de urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 04.04.00 e que, transcrita, di:
"O delegado dá conta do proxecto de reaxuste de Unidade de Xestión na parcela 176 e 178 en C. Arenal.
Dáse conta tamén do informe do secretario de data do 3 de abril de 2000.
Na súa consecuencia a Comisión dáse por enterada e propoñen levalo ó próximo Pleno, para o seu debate."
Moaña, 4 de abril de 2000.
O DELEGADO.
Tamén dá conta dos informes do secretario xeral, realizado o día 03.04.00 e do arquitecto municipal, Sr. Lage Pérez, realizado o día 11.02.00 e que, transcritos, din:
" INFORME DE SECRETARIA
ASUNTO: PROPOSTA UNIDADE XESTIÓN PARCELA 176 e 178 EN C.ARENAL-MOAÑA.
D. Manuel Pousada Carballo, domiciliado en C.Arenal, 114, presenta proxecto de reaxuste del ámbito do polígono da Unidade de Xestión nas parcelas 176 e 178 das NNSS de Moaña, confeccionado polo Arquitecto D. José Díaz de la Iglesia. Acompáñase informe favorable emitido polo Arquitecto Municipal. Ignórase si esta Unidade de Gestión atópase afectada por organos sectoriais.
Por canto antecede, esta secretaria emite o seguinte
I N F O R M E:
1.- Lexislación aplicable: art. 121.4 e 102 da Lei 1 /97 de 24 de marzo do Solo de Galicia.
2.- A presente documentación cumpre a normativa en canto a proxecto de limitación de polígonos, art. 121.4 e a súa tramitación é a prevista no art. 102 e seguintes da referida lei.
3.- De non atoparse afectada a informe sectorial algún, esta secretaria non atopa inconvinte algún na aprobación inicial.
E canto debo informar, non obstante o pleno decidirá."
Moaña, tres de abril de dous mil.
O SECRETARIO,
"Asunto: proxecto de reaxuste do ámbito do polígono U.G.
Emprazamento: Avda. Concepción Arenal n: 176-178-Moaña.
Promotor: D. Manuel Pousada Carballo.
Infórmase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto na lexislación urbanística de aplicación, lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia, así como ás Normas Subsidiarias de planeamento do concello de Moaña.
A tramitación desarrollarase de acordo co establecido no art. 102,121.4 e 126 da lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia."
Moaña, 11 de febreiro de 2000.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1:.- Aproba-la proposta e mailos informes do secretario e arquitecto municipal, nos seus propios termos.
2:.- Aprobar inicialmente o proxecto de reaxuste do ámbito do polígono U.G, da rúa Concepción Arenal n: 176-178, presentado por D. Manuel Pousada Carballo e redactado polo arquitecto D. José Díaz de la Iglesia.
11.- ESTATUTOS E BASES DE ACTUACIÓN DA U.G. 5.
O delegado de urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 04.04.00, e que, transcrita, di:
"O delegado dá conta do proxecto de reaxuste de Unidade de Xestión na parcela 176 e 178 na rúa Concepción Arenal.
Dáse conta tamén do informe do secretario, de data do 03.04.00.
Na súa consecuencia á Comisión dáse por enterada e propoñen levalo ó próximo pleno para o seu debate."
Moaña, 4 de abril de 2000.
O DELEGADO,
Tamén dá conta do informe do secretario xeral, Sr. Fermoso Valdés, realizado o día 03.04.00 e do arquitecto municipal, Sr. Lage Pérez, realizado o día 11.02.00 e que, transcrito, din:
"INFORME DE SECRETARÍA
ASUNTO: APROBACIÓN BASES E ESTATUTOS DE ACTUACIÓN DA U.G.5
D. Manuel Pousada Carballo, domiciado en C.Arenal, 114-de Moaña, presenta proxecto de bases e estatutos de actuación para a Xunta de Compensación da Unidade de Gestión num. 5 en Meira-Moaña, co obxeto de dar a tramitación oportuna. Unese báses e estatutos de actuación, asi como informe favorable do Arquitecto Municipal.
Polo exposto esta secretaría emite o seguinte :
I N F O R M E:
1.-Lexislación aplicable: Art. 133.4 e 102 da lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia.
2.- O presente proxecto reúne as determinantes previstas no art. 133.4 da anterior Lei.
3.- Procede por tanto a tramitación do documento na forma prevista no art. 102 la reiterada lei.
E canto debo informar, non obstante o Pleno decidirá."
Moaña, tres de abril de dous mil
O SECRETARIO,
"N: de expediente: documentación presentada co rexistro de entrada 8.270, de data do 15 de decembro de 1999.
ASUNTO: proxecto de bases e estatutos de actuación para a xunta de compensación da unidade de xestión UG-5.
Emprazamento: Meira-Moaña.
Promotor: D. Manuel Pousada Carballo.
INFORME:
Infórmase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto na Lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia e ás Normas Subsidiarias de planeamento do Concello de Moaña.
A tramitación e aprobación do presente proxecto axústase ó establecido polo art. 133.4 e 102 da lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia."
Moaña, 11 de febreiro de 2000.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1:.- Aproba-la proposta e mailos informes do secretario e arquitecto municipal, nos seus propios termos.
2:.- Aprobar inicialmente as bases e estatutos de actuación da U.G. 5.
12.- MODIFICACIÓN PUNTUAL NORMA SOBRE U.G. 8.
O delegado de urbanismo, Sr. Abal Juncal, dá conta da proposta emitida pola Comisión Informativa de Urbanismo, realizada o día 04.04.00 e que, transcrita, di:
"O delegado dá conta sobre a modificación puntual "Casa Consistorial".
Dáse conta tamén do informe realizado polo secretario xeral.
Na súa consecuencia, a Comisión dáse por enterada e acorda tratalo no próximo Pleno, para o seu debate."
Moaña, 4 de abril de 2000.
O DELEGADO,
Tamén do informe do secretario xeral, Sr. Fermoso Valdés, realizado o día 05.04.00 e do arquitecto municipal, realizado o día 05.04.00 e que, transcritos, din:
"INFORME DE SECRETARÍA
ASUNTO: MODIFICACIÓN PUNTUAL NORMAS SUBSIDIARIAS NA U.G. 8
Os servicios técnicos municipais elaboraron a documentación técnica que integra a modificación puntual das normas subsidiarias na Unidade de Gestión 8. Zona donde se ubicará a nova Casa do Concello de Moaña. Existe informe favorable emitido polo Arquitecto Municipal.
En base os antecedentes descritos, esta secretaria emite o seguinte
I N F O R M E :
1.-Lexislación aplicable: Art. 42.1.2.3 e art. 50 da Lei 1/97 do 24 de marzo do Solo de Galicia e art. 47.3 e da Lei 7/85 de 2 de abril de RBRL.
2.- Compete a la Corporación Local a modificación do planeamento municipal, en este caso a modificación puntual da norma na U.G. 8 , unha vez, adoptado acordo de aprobación inicial, se abrirá un periodo de información pública por término dun mes, mediante edicto no DOG e diario de maior publicidade.
3- Oidas as alegacións e resoltas as mesmas, someterase o proxecto o organo autonómico competente quen otorgará a aprobación definitiva.
4.- Estimo pode procederse a aprobación inicial, adoptando acordo co "quorum" da maioria absoluta previsto na Lei .
E canto debo informar, non obstante o pleno decidirá."
Moaña, 5 de abril de 2000.
O SECRETARIO,
"Expediente modificación puntual "casa consistorial".
Asunto: informe técnico previo.
Emprazamento: UG 8 de Moaña.
Promotor: concello de Moaña.
Infórmase favorablemente o expediente en cuestión por axustarse ás determinacións urbanísticas establecidas ó respecto na lexislación urbanística de aplicación, art. 50 da lei 1/97, do 24 de marzo, do solo de Galicia."
Moaña, 5 de abril de 2000.
Intervén o voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes-, Sr. Santos Leites, di que haberá que recordar tramites e aclarar panorama.
Respóstalle o Sr. Abal Juncal, que xa coñece toda a historia.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1:.- Aproba-la proposta da Comisión Informativa de Urbanismo e mailos informes do secretario e arquitecto municipal, transcritos nos seus propios termos.
2:.- Aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias na U.G. 8.
13.- CONVENIO DE COLABORACIÓN CULTURAL ENTRE CAIXAVIGO E CONCELLO.
O delegado de Cultura, Sr. Currás Piñeiro, fai unha exposición e desenrolo do acordo marco de colaboración entre o Concello de Moaña e a Universidade de Vigo (consta de 4 follas, numeradas do 1 o 4).
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda:
1:.- Aproba-lo acordo marco de colaboración entre o Concello de Moaña e a Universidade de Vigo Vigo (consta de 4 follas, numeradas do 1 o 4).
14.- TRANSFERENCIAS Á MANCOMUNIDADE EN MATERIA DE RSU.
O alcalde, Sr. Barreiro Tenorio, dá conta da proposta do Equipo de Goberno, realizada o día 24.03.00 e que, transcrita, di:
"P R O P O S T A
Nos estatutos da Mancomunidade de Concellos do Morrazo, na que se intregra o Concello de Moaña, consta o art. 2 que a recollida e tratamentos de Residuos Sólidos Urbáns, é un dos fins desa administración pública.
En virtude de elo e para o cumplimento de tal obxetivo, a Mancomunidade no ano 1995 elevou a Secretaría do Estado de Presuposto do Ministerio de Economía e Facenda, un anteproxecto ou estudio previo relativo a construcción dun COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE TRATAMENTO DE RSU de ámbito comarcal a fin de que se incluira no Programa Operativo de Medio Ambiente Local. (POMAL), correspondente o periodo de 1994-99.
En data 18 de xullo de 1996 aprobouse pola Secretaria do Estado, tal inclusión con un coste de 588.200.000.-ptas. dos que 411.740.000.-ptas., proceden das axudas CEDER da U.E.
En base o anterior, a mancomunidade durante este periodo levou a cabo diversas actividades de motivación social e sensibilización ciudadá e adoptouse en parte dos medios para a implantación xeneralizada da recollida de RSU e ademais de aprobar e adxudicar proxecto constructivo e contrato de obra para a edificación dun Complexo Medioambiental no Morrazo.
Chegados a este punto resulta necesario que os Concellos que integran a Mancomunidade e participan no proxecto indicado entre eles Moaña- adopte os acordos necesarios para facer viable e efectivo o fin último que persegue a Mancomunidade. Neste sentido, o amparo dos estatutos mencionados e de conformidade co señalado no art. 24.b) da lei 10/97 do 22 de agosto do R.S.U de Galicia, propoño o Pleno da Corporación adopción do seguinte ACORDO:
1.- Transferir a Mancomunidade de Concello do Morrazo o exercicio efectivo das competencias municipais en materia de recollida e tratamento de R.S.U.
2.- Entender que a asunción por parte da Mancomunidade da competencia transferida, comenzará materialmente, unha vez que remate a construcción do Complexo Medioambiental de R.S.U, sin perxuizo de que con anterioridade a esa data, Mancomunidade se dirixa ós Concellos afectados, facendo constar seu propósito de comenzar a xestión.
3.- A prestación efectiva por parte da Mancomunidade dos servicios de recollida e tratamento de R.S.U. implicará a transferencia dos medios persoais e materiais que se atopen adscritos nesa data no Concello ós servicios citados procedendo neste sentido á formalización dos documentos precisos. "
Moaña, 24 de marzo de 2.000.
O ALCALDE,
DELIBERACIÓN:
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes-, Sr. Santos Leites, solicita a retirada da proposta da Orde do Día, non ten conocimento ó Comité de Empresa, o acordo marco esixe o conocimento ó afectar ós postos de traballo do persoal de recollida de basuras.
O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, solicita igoalmente a retirada do asunto da orde do Día, desexa coñece-lo tema e as súas repercusións, e de adopta-lo acordo irá en contra dos intereses dos/as veciños/as de Moaña.
O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que a presente proposta non está acompañada de informes-dictamés esixibles; o alcalde de Moaña dedícase a cumprir ordes do presidente da Mancomunidade alcalde de Cangas- descoñecese o importe do recibo, bonificacións, requiriránse as medidas contempladas no anterior plan. Está claro que é unha consigna do partido político, parece mentira que se embarque os/as veciños/as nun proxecto que non existe. Ó plan non coincide en nada no que ten en mente o Sr. Sotelo, non existe plan de RSU.
No actual plan non existe terreos, sin nada, coménzase pola cabeza, sin poñe-los cimentos en condicións.
Do análisis da proposta, deducese claramente a intención de privatiza-lo servicio de recollida de basuras, a Mancomunidade cos seus proxectos atópase nunha canexa sen saída.
Solicitan intervención, tanto Comité de Empresa, como presidente da Federación de AA.VV "A Chamusca".
O voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes-, Sr. Santos Leites, o BNG, é moi iluso, solicita que se demostre os feitos, cando o que pide é un novo acto de fé, se crea ou non, atópamonos no penúltimo acto dunha comedia con consecuencias negativas para os/as veciños/as de Moaña e traballadores; a transferencia de traballadores non é un acto gracioso sinon máis ben tráxico.
Antes de aprobar transferencias hai que coñecer o estudio sobre a repercusión sobre os recibos, situación dos traballadores, existe unha falta de consideración hacia os traballadores, máis cando o concelleiro de Cangas, ten previsto a privatización do servicio, coa decisión final do Grupo do PP, na Mancomunidade, de privatizarse o servicio a favor de quen?
O voceiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Leite Fraga, di que a proposta non pasou pola Comisión Informativa, nin comité de persoal, descoñecendo todo, non se pode dar un cheque en blanco.
O alcalde, Sr. Barreiro Tenorio, manifesta que a presente proposta de acordo, non se hipoteca dereito algún dos traballadores que poiderán atoparse afectados, non hai perigro algún. Non se fai máis que operar conforme o estipulado nos estatutos da Mancomunidade, debe manifestar que existe proxecto inicial.
O Sr. Leite Fraga, pregunta polo calendario de obras, debe existir algo, antes que proceder á transferencia, aprte que o Comité de Empresa e traballadores descoñece o tema.
Solicita informe o secretario sobre os seguintes extremos:
1.- ?Debeu pasa-la proposta previamente pola Comisión Informativa?
Respóstalle o secretario que debeu pasar por Comisión Informativa, nembargantes, deberá darse conta do acordo adoptado á próxima Comisión, conforme determina o ROF.
2.- Sobre a situación do persoal.
Respóstalle o secretario que o presente acordo non afecta ó persoal. En posterior acordo que se adopte sobre o este asunto, si afectará ó persoal se recollerá o preceptivo informe.
O concelleiro do Grupo Municipal, Sr. Rosendo Moreira, di que a proposta debe facerse en base o proxecto técnico. Non existe na actualidade plan alternativo, non se coñece o prezo do recibo. Solicita ós concelleiros do PP un exercicio de fé e xustifiquen como recibo de 4.000 ptas, chegarán ás 18.000 ptas; que se esquezan de Cangas e defenda os intereses de Moaña.
O Sr. Millán Otero, dirixindose o Equipo de Goberno manifestalle que poden facer da súa capa un sallo; transferir o servicio cos seus votos suficientes, pero que teñan en conta que os/as veciños/as exisiranlle responsabilidades. Con este métodos engáñase os/as veciños/as e se defrauda á U.E.
O alcalde, Sr. Barreiro Tenorio, manifesta que o acordo non afecta os/as traballadores. Insiste en intervir o Comité de Empresa, non dándolle a palabra o Sr. Alcalde, asi como ó presidente da A.V "A Chamusca", manifestándolles de forma reiterada que non hai lugar ás intervencións solicitadas.
Os tres grupos da oposición insisten en que debe da-la palabra o Sr. Alcalde, a aqueles que a teñen solicitada, pois é un dereito recollido no ROF, e ante a negativa do Sr. Alcalde desalosan os escanos, abandonando o Salón de plenos ás 22:10.
Sometido o asunto a votación e dado que os sete concellais que abandonaron o Salón de plenos, tiveron parte activa no debate, os sete votos dos membros que se ausentaron, se consideraran abstencións, conforme determina o art. 100 do ROF.
VOTACIÓN E ACORDO:
A Corporación, en votación ordinaria e por nove votos a favor (os/as dos Sres. Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, González González, Martínez Couso e as Sras. Costas Gayo, Entenza Domínguez e Martín Alonso) sete abstencións (Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Santos Leites e Sra. Lorenzo Martínez, Leite Fraga, Martínez Rodríguez) acorda:
1:.- Aproba-la proposta presentada polo Equipo de Goberno, nos seus propios termos.
2:.- De conformidade co art. 126.2 co ROF, dar conta do acordo adoptado á Comisión Informativa.
15.- ENAXENACIÓN BEN PATRIMONIAL, PREGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN.
O delegado de Urbanismo, Sr. Abal Juncal, fai unha exposición dos documentos que integran a proposta de enaxenación de ben patrimonial, prego de condicións e licitación.
" PROPOSTA DA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, REALIZADO O DÍA 10.04.00.
ASUNTO: ENAXENACIÓN DE BEN PATRIMONIAL.
"O delegado dá conta á Comisión sobre o prego de condicións e licitación do concurso para a adxudicación dunha parcela pertenecente ó patrimonio municipal para a construcción de 18 vivendas de protección oficial.
Dáse conta tamén do informe do secretario municipal, realizado o día 31.03.00.
Na súa consecuencia, a Comisión acorda levalo ó Pleno este asunto para o seu debate e aprobación, se procede."
Moaña, 10 de abril de 2000.
INFORME DO SECRETARIO
"ASUNTO: ENAXENACIÓN DE BEN PATRIMONIAL:
En cumplimento no disposto no art. 54 do RD 781/86 do 18 de abril que esixe informe previo do Secretario sobre adopción de determinados acordos, emítese o seguinte en base os antecedentes:
1.- O Concello de Moaña é titular dun ben patrimonial titulada finca número 19 das resultantes do Proxecto de Compensación do Plan Parcial O Rosal Sur como cesión obligatoria ó Concello inscrito no rexistro da propiedade ó tomo 1410, libro 106, folio 79, finca 9426, inscripción primera cuia enaxenación se pretende
2.- En el presuposto xeral ordinario para o exercicio do 2000 se preveerá a venta deste ben con destino a inversións. Dito ben atópase valorado na cantidade de 57.025.784.-Pts.
Corresponde a esta Secretaría señalar a lexislación aplicable e a adecación da proposta de acordo coa mesma. En base a elo se emite o seguinte
I N F O R M E
Primeiro.- Lexislación aplicable. Art. 22. 2.1) e 47.3.k da Lei 7/85; Art. 79 e seguintes do Real Decreto 781/86 e art. 116 e seguintes do Reglamento de bens e art. 11,68 e seguintes e 79 da ley 13/75.
Segundo.- O ben cuia enaxenación se pretende ten carácter de patrimonial e seu valor é de 57.025.784.-ptas por tanto equivale a 6.09 %, polo cal non precisa autorización da comunidade autónoma, pero si quorum de maioria absoluta. Non obstante daráse conta.
Terceiro.- A forma de contratación é a subasta, pero pola singularidade na pretendida cesión (construcción vivendas de protección oficial, contraprestación en especie polo adxudicatario) é admisible ó concurso.
Cuarto. Xustificada a enaxenación e formalizado o correspondente contrato o escritura, o ben que perciba o Concello o destinará o uso ou servico público.
Desta elemental exposición se pode concluir que é legalmente procedente a venta por concurso do ben descrito, adoptando o acordo con maioría absoluta. Igualmente se podrá probar o pliego de condicións e a súa licitación, con información pública simultánea de ambos.
E o que debo informar, non obstante a Corporación decidirá."
Moaña, trinta e un de marzo de dous mil
O SECRETARIO,
"INFORME DE SECRETARÍA
ASUNTO: PLIEGO DE CONDICIÓNS E LICITACIÓN DO CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA PARCELA PERTENECENTE O PATRIMONIO MUNICIPAL
Cumplindo o ordenado polo Sr. Alcalde de data 24 de febreiro de dous mil, en relación co disposto no art. 113.1 do TRRL emítese informe en base os extremos que se deducirán dos seguintes
A N T E C E N T E S
1.- Existe documentación feaciente que acredita como titular ó Concello de Moaña, unha parcela procedente da cesión obligatoria no Plan Parcial do Rosal-Sur. Asi como valoración realizada polos técnicos municipais.
2.- O Concello desea que mediante a enaxenación desta parcela con destino a construcción de 18 vivendas de Protección Oficial, medie unha contraprestación con un precio igual o do ben que enaxena. O bien entregado como o recibido se atopan debidamente valorados, ben que cede o Concello 57.025.784.-ptas. Valor do ben que ha de recibir 44.054.750.-ptas, o non existir equiparación de valores esixiran as melloras suficientes e necesarias ó adxudicatario para chegar a total equiparación de valores.
3.- Redactado o presente priego de clausulas administrativas , determínase sea expediente ordinario en procedimento aberto e como forma de adxudicación o concurso.
Corresponde a esta Secretaria Xeral conforme o dispon o art. 172 e 173 do ROF, informar expoñendo os antecedentes e disposicións legais, asi como o seu reglamento, dando cumplimento a elo, emítese o seguinte
I N F O R M E
Primeiro.- Lexislación aplicable: Tratándose dun concurso de procedimento aberto, é de aplicación a seguinte normativa; Art. 118.1, 122 e 123 do TRRL. Art 11,68,75,76,80,86 e 91 da Lei 13/95 do 18 de maio de Contratos de Administracions Públicas, e art. 88 da Lei 7/85 Reguladora das Bases de Réxime Local. Lei 53/99 do 28 de decembro que modifica a lei 13/95 do l8 de maio e art. 47 da lei 7/85 do 18 de abril sobre maioria absoluta legal o acordo adoptar.
Segundo.- É compotente para enaxenar o ben e recibir a contraprestación o Pleno da Corporación Local, quen ten asumida dita atribución conforme o dispón o art. 22 da Lei 7/85.
Terceiro.- O presente prego de condicións atópase redactado conforme o determina o art. 50.a) da Lei 13/95 do 18 de maio, adecuandose as esixencias das obras. Dito pliego e licitación poden ser aprobados de forma simultánea, asi como, a súa información pública que se efectuará no BOP ou na da Comunidade Autónoma. De formularse reclamacións contra o pliego de condicións, se interrumpirá o prazo da licitación.
Do exposto cabe concluir que a aprobación do pliego de condicións e licitación polo procedimento aberto na modalidade de concurso para a adxudicación dunha parcela pertenecente ó patrimonio municipal, coa obligación do adxudicatario de construir 18 vivendas de Protección Oficial; Asi como a entrega ó Concello dun local coas características descritas e valoración dos informes técnicos.
Non obstante o Pleno decidirá.
Moaña, vintecatro de marzo de dous mil
O SECRETARIO,
INFORME: 10 de abril de 2.000
ASUNTO: Sobre enajenación o disposición de un bien patrimonial del Concello mediante el negocio jurídico de cambio de solar por edificación futura, utilizando el procedimiento de Concurso Público o Licitación abierta. Examen del Pliego de Condiciones de la Licitación.
I N F O R M E
I.- SOBRE El ACUERDO DE PROCEDER AL CAMBIO DE SOLAR POR EDIFICACION FUTURA.
El proceso de enajenación mediante el cambio de una parcela inscrita a nombre del Concello en el Registro de la Propiedad, la cual es el resultado de la cesión obligatoria prevista en el Plan Parcial del Rosal-Sur, por edificación futura, se sujetará a las siguientes normas:
1.- Moción del Sr. Alcalde en el que justifique la oportunidad de dicha transmisión de propiedad, de acuerdo con el art. 21.1 a) de la LBRL.
2.- Valoración técnica de la parcela a transmitir y de la contraprestación a recibir.
3.- Certificado de dominio del Registro de la Propiedad, en el que conste que figura inscrita la citada parcela a nombre del Concello, libre de cargas y gravámenes, lo cual es necesario conforme con el art. 113 del Reglamento de Bienes. Si estuviese de alta la parcela en el Inventario de Bienes también habrá de expedirse certificación por parte del Sr. Secretario.
4.- Informe del Sr. Secretario, de acuerdo con el art. 113 del TRRL.
5.- Como acuerdo que habrá de someterse a la aprobación del Pleno, es necesario que al expediente se acompañe un dictamen de la Comisión Informativa, el que se justifique la transmisión del bien (el cual no se encuentra afecto a uso público alguno) con el fin de poder tener en propiedad un local con destino específico a una función específica, como usos municipales, etc., conforme con lo previsto en el art. 123 del ROF.
6.- De acuerdo con el art. 64.2 n) de la Lei 5/1.997, de 22 de julio de Administración Local de Galicia, corresponde al Pleno la aprobación de cualquier acto de disposición, por lo que sí procede someterlo a su aprobación.
7.- Conforme al art. 109 del ROF se habrá de dar cuenta a la Xunta de Galicia del expediente de enajenación aprobado, aunque no se solicite autorización a la Xunta ya que el valor del bien no excede del 10 % de los recursos ordinarios del Presupuesto Municipal.
8.- También habrá de comunicarse a la Xunta la escritura de cambio de solar a cambio de edificación futura que se otorgue, de acuerdo con el art. 109 del ROF.
II.- PLIEGO DE CONDICIONES DE LA LICITACION.-
El pliego de condiciones de la licitación habrá de aprobarse por el Pleno Municipal conforme con la Ley de Contratación de las de las Administraciones Públicas , de 18 de mayo de 1.995.
El pliego de condiciones se ajusta a la citada Ley 13/95, de 18 de mayo, sobre Contratación de las Administraciones públicas, regulando un contrato administrativo especial, conforme con el art. 50.a). El citado pliego y convocatoria de la licitación pueden aprobarse de forma simultánea, así como su información pública a través del B.O.P. o en el DOGA.
Se ha buscado por el Concello como negocio jurídico para transmitir la propiedad de la parcela, el contrato de Cambio de solar por edificación futura, que se trata de un contrato atípico no regulado expresamente en la legislación. En realidad no deja de ser una permuta especial, cuyo objeto es, en el presente caso, el cambio del dominio de un solar por la contraprestación a la que se obliga el cesionario de construir un local en un edificio de protección, a cargo y por su cuenta, cuya plena y exclusiva propiedad se entrega al cedente, en este caso el Concello. La entrega de dicho local se hace libre de cargas y gravámenes y sin ningún coste para el Concello.
Dado que puede existir alguna diferencia de valor entre el bien que se obtiene por parte del Concello y el solar que se cede, se preven en el pliego una serie de contraprestaciones a mayores por parte del cesionario (mejoras, prestaciones económicas, etc.) que vendrán a completar el valor de la parcela que se cede.
En el pliego de Condiciones se establecen diversas garantías (fianzas provisionales, definitivas, avales) que vienen a garantizar el cumplimiento de la prestación por el cesionario, incluso se prevé el rescate de la parcela y la imposibilidad de hipotecar o gravar la parcela y el local que se ha de ceder. Por otra parte, se establece que en la Escritura Pública de cesión del solar se habrán de reflejar el Pliego de Condiciones que regula la licitación.
Como tal permuta especial que viene a ser el cambio de solar por edificación futura, es posible la transmisión prevista por el procedimiento de concurso abierto, no siendo necesario sacarlo a subasta. "
Fdo. José Ramón Vázquez Cueto
Asesor Jurídico.
PRIEGO DE CONDICIONS ECONOMICO ADMINISTRATIVAS QUE HABRÁ DE REGULAR A ENAXENACIÓN MEDIANTE CONCURSO DUNHA PARCELA PERTENECENTE O PATRIMONIO MUNICIPAL
1.- OBXETO.- O presente priego de prescripcions técnicas e administrativas se redactan o amparo no disposto no art. 50.3 da Lei 13/95 do 18 de maio, Lei de contratos das Administracións Públicas, e ten por obxeto regular a enaxenación dunha parcela pertenecente o patrimonio municipal para a construcción sobre a mesma de 18 vivendas de protección oficial de acordo coas normas específicas que regulan a materia.Tendo en conta as prescripcións técnicas da convocatoria do concurso . O prazo máximo de realización das obras de edificación será de dezaoito meses, desde a data de adxudicación da parcela, en consonancia coa cláusula 7 deste priego.
2.- A enaxenación desta parcela realizará mediante concurso con procedimento aberto, o amparo no disposto no art. 86.a) da Lei 13/95. A valoración da parcela e do ben a recibir farase constar separadamente dos impostos que graven a operación.
Na convocatoria do concurso expresarase a ficha de características técnicas da parcela a enaxenar e a sua valoración , asi como as características do ben que como prestación habra de recibir o Concello e a sua valoración contrastada por Tecnicos Municipais.
3.- A adxudicación realizarase en concepto de "Cuerpo Cierto", polo que non cabrá reclamación do adxudicatario por razon de diferncia de superficie ou de variación de volumen sobre o previsto polo solicitante, en virtude da aplicación da Norma Urbanística o incluso limitacións derivadas de circunstancias de orden natural. A adxudicación realizarase unha vez comprobada a igualdade de valores da cosa que cede o Concello e a que percibirá.
OPCIÓN Ó CONCURSO:
4.- Estarán facultado para optar o concurso as persoas naturais e xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e non estar comprendidas en circunstancias do art.20 LCAP, acreditando solvencia económica . A solvencia técnica acreditarase mediante xustificación de clasificación prevista no art. 19 do LCAP. A xustificación da solvencia técnica se acreditará mediante a presentación, ben da adecuada clasificación, ben de algun ou varios dos documentos a que fai referencia o arat. 19 da LCAP, os cales deberán vir determinados ou referidos a actividade, promoción ou construcción de vivenda.
5.- Os licitadores poderán concurrir por sí ou representados por outra persoa con poder bastante, o cal será bastanteado polo Secretario do Concello.
GARANTÍAS
6.- Para optar o concurso habrá de constituirse previamente unha garantía provisional do 2% do presuposto de licitación que ven a coincidir co valor da parcela obxeto de licitación que aparezca na convocatoria na ficha técnica da mesma, IVE incluido.As garantías en metálico se constituirán na Caixa Municipal e os avales e seguros de caución na forma reglamentaria. Os avales e seguros de caución, deberán adxuntarse dentro do sobre B) "Documentación administrativa da plica". Conforme o determina o decreto 390/96 do 1 de marzo, que desrroia parcialmente a lei 13/95.
A garantía será devolta ó adxudicatario ó constituir a garantía definitiva,una vez pagados os anuncios de lictación e unha vez otorgadas as escrituras públicas previstas no presente prego, e unha vez se abonen todos os gastos e impostos que se deriven, os cales correran por conta e a cargo do adxudicatario.
7.- A garantía definitiva que se fixa non 4% del presuposto de licitación que viene a coincidir co valor da parcela obxeto de licitación , incluido impostos, será constituda na mesma forma que a garantia provisional no prazo de 15 días a contar desde a notificación da adxudicación; esta fianza non se devolverá en tanto no se atopen firmados escrituras de adxudicación. Esta garantía non se devolverá en tanto non se haia otorgado a escritura de cesión do solar por construcción futura, nin ata que non se haia terminado a construcción do edificio previsto no prazo de dezaoito meses a contar dende a data de adxudicación e unha vez se conceda a licencia de primeira ocupación.
PROPOSICIÓNS:
8.-O prazo de presentación de proposicións para optar o concurso será de vintetrés días, contados a partir do seguinte o da publicación do anuncio no DOG e BOP; finalizará ás trece horas do último día que si fora sábado ou domingo será o seguinte día habil.Durante este prazo o expediente de concurso poderá ser examinado e retirada copia deste prego na Secretaria do Concello.
9.- As proposicións en tres sobres cerrados se presentarán de nove a trece horas no rexistro de entrada do Concello en man, por correo cos requisitos do art. 100 do Reglamento Xeral de contratación.
10.- O contido de cada sobre será o seguinte:
SOBRE A: Proposición técnia e económica.
D/D*___________________________veciño/a de_______________ provisto do DNI núm_____________en nome propio o representación de____________ con domicilio en________________, enterado/a do anuncio do concurso para a enaxenación dun solar pertenencente o patrimonio municipal a cambio da entrega en plena e exclusiva propiedade ó Concello dun local destinado a usos públicos que se construirá no edificio de protección oficial a que me comprometo a realizar na parcela que se me cede en caso de resultar adxudicatario, e enterado, igualmente, dos priegos de condicións que regula a licitación, acepto integramento o mesmo e os términos da convocatoria, e comprométome a acatar todo elo, polo que formulo proposición optando a adxudicación da parcela, obligándome a construcción en dito solar dun edificio de dezaoito vivendas e locais de protección oficial, cuio coste correrá por conta e risgo exclusivo meu, e a cambio da entrega en propiedade, sen ningún coste, libre de cargas e gravámenes, impostos e demáis exaccions ó Concello de Moaña dun local situado na planta baixa do edificio que se axustará as condicions técnicas que se conten no priego de condicións que regula a licitación e na propia convocatoria, asi como a ficha da parcela e informes dos técnicos municipais, debendo entregarse o local permutado totalmente terminado e en perfectas condicións de uso e habitabilidade. Igualmente como proposición económica como una contraprestación mas de dita adxudicación e cesión prevista, farei entrega o Concello no momento de otorgarse a escritura pública de cesión de solar a cambio de construcción futura o por obra a construir, da suma en metálico de 57.025.784.-ptas. Ademáis obligome a dar por realizar en melloras u outros conceptos ata chegar a equiparación de valores entre o ben cedido e o que se recibe.
En proba de aceptación de tales compromisos, deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido como xustifico con resguardo que adxunto.
Data e firma del/a proponente.
SOBRE B: Documentación administrativa.
-O que acredite a personalidade do concursante. Si é persoa xurídica escritura de constitución coas modificacións inscrita no Rexistro Mercantil o de Cooperatas. Para persoas físicas DNI.
-Poder bastanteado polo Secretario do Concello cando se actue en representación de persoas físicas ou xurídicas.
-Declaración de non afectar ó licitador causas de incapacidade.
-Certificado acreditativo de atoparse ó licitador o corriente de pago de obligacións fiscais do Estado.
-Certificación acreditativa do Recadador Municipal de atoparse o corriente de pago de obrigacións co Concello.
-Certificación acreditativa de atoparse o corriente de pago coa Seguridade Social.
-Certificación acreditativa de atoparse o corriente de pago do IAE.
-Documento acreditativo que acredite o depósito da garantía provisional.
-Documento de clasificación empresarial e no seu caso documentación
acreditativa da solvencia a que se refiere a cláusula 4: do presente priego
SOBRE C: Documentación Técnica:
-Reseña da experiencia do proposicionante na construccións e promoción de vivendas, en especial de vivendas de protección oficial ou promoción pública.
-Relación de obras executadas nos últimos tres anos, indicando carácter libre o protexidas, acompañado de certificación de boa execución.
-Relación detallada dos medios permanentes, organizativos, materiais, técnicos e profesionais de que dispón o solicitante, así como os que dispoña adscribir a obra o que se propoña contratar para as mesmas.
-Relación dos técnicos que vaian a participar nas obras de construcción de vivendas, asi como, do local a entregar ó Concello e súa dirección técnica.
-Plan de actuación e estudio económico da viabilidade.
-Proxecto básico que recolla as carácterísticas do local a entregar ó Concello. Neste momento non precisa visado oficial.
-Priego de calidades recollendo a descripción de materiais e acabados. O cupo de vivendas a entregar ó Concello, é nulo, toda vez que no seu lugar entregarase ó Concello, un local coas características esixidas no informe técnico.
-Relación dos técnicos que haian participado o vaia a participar na redacción dos proxectos presentados e a elaborar, así como na dirección das obras
-Proxecto básico na que se recollan as caracteristicas da edificación e se xustifiquen a adecuación do mesmo o ordenamento urbanistico e o concreto réxime legal de vivendas de protección oficial, con identificación do número e tipo de vivendas, locais e garaxes resultantes, e especificación do seu destino, con especial referencia o local que se pretenda, en contraprestación, ceder en propiedade ó Concello.
-O prazo de execución das obras será de dezaoito meses.
-Cada licitador solo poderá presentar unha única solución arquitectónica e proposición económica, rechazándose a proposición que conteña máis dunha solución arquitectónica e proposición economica.
PROCEDIMENTO DE ADXUDICACIÓN:
A mesa de contratación clasificará os documentos presentados en tempo e forma para o cal o presidente da mesa ordenará a apertura dos sobres excepto o da proposición económica e tecnica. O resultado farase público no tablón de anuncios, servindo de notificación os interesados.
A apertura de proposicións económicas e documentación técnica realizarase pola mesa en acto público que terá lugar na Casa do Concello ás doce horas
do quinto día habil o da licitación prorrogándoso o seguinte hábil en caso de sábado ou domingo.
Os efectos previstos no apartado anterior, no acto publico de proposicións económicas notificarase o resultado da calificación de documentos presentados, con expresion de proposicións admitidas, rechazadas e a súas causas. Do acto de apertura extenderase un acta polo Secretario da mesa de contratación.Admitíndo ó concurso a tódolos licitadores que presenten todolos documentos esixidos nos pregos de condición.
13.- Unha vez firmada a acta mencionada a documentación completa remitirase o servicio de urbanismo para a emisión de informes referidos os aspectos os que se refiere a cláusula 20 deste priego.
O que correrá a cargo dunha comisión composta polas seguintes persoas:
-Presidente: Director Servicio Urbanismo, o Arquitecto Municipal.
-Vocais: Xefe Departamento de Xestión, Concellal de Urbanismo.
Xefe Servicio Planeamento.
Xefe Servicio de Licencias.
Xefe Oficina Técnica.
-Secretario: o do Concello
O informe emitido por técnicos recollerá de forma motivada unha clasificación das propostas de maior a menor, recollendo o seu resultado en acta, que será devolta a mesa de contratación.
14.- A vista dos informes emitida polos técnicos, a mesa de contratación formulará proposta de adxudicación o propondrá declarase deserto ó concurso, cando ningunha proposición se adapte os fins do concurso.
15.- O organo de contratación adoptará o acordo correspondente que será notificado os interesados, para que no prazo de quince días constituia fianza definitiva, e ingrese o preste aval bancario a favor do Concello-que teña carácter executivo e con renuncia da entidade avalista a calesquera beneficios e , expresamente , os de orde, división e exclusión de bens do avalado- o 50% do valor da parcela según a valoración do técnico municipal que aparezca na convocatoria, nun prazo non superior a 30 días presente a seguinte documetación:
-Duplicado do proxecto básico seleccionado no que conste o correspondente visado do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
-Cédula de clasificación provisional para execución deste proxecto.
-Xustificantes de pago anuncio priego e licitacion.
-Xustificante de haber ingresado depósito previo, taxa expedición licencia e imposto de construccións e outros impostos que graven as actividades deste concurso.
16.- Unha vez cumplimentados os requisitos polo adxudicatario, o organo de contratación adoptará acordo expreso sobre a validez e idoneidade da documentación presentada, notificando o mesmo os interesados, requerindo ó adxuditario para que avale o resto do valor do local a entregar ó Concello. A resolución levará impricita a concesión de licencia do local que recibirá o Concello. Con este acordo liberarase das garantías a todo-los concursantes.
17.- Transcurrido os prazos das anteriores cláusulas sin presentar a documentación requerida, comportará a revocación do acordo e a adxudicación a favor do seguinte clasificado e así sucesivamente ata que se obtuvera a clasificación considerada mínima.
18.- A escritura pública de cesión de solar por edificación futura a que se refiere a licitación e adxudicación que se faga, otorgarase entre o Concello e o adxudicatario no prazo de vinte días desde o acordo da adxudicación, recolléndose na mesma o presente priego de condicións acordos adoptados e demáis extremos relativos a licitación.
19.- Si non se adxudicara o contrato por falta de licitadores e proposicións inadmisibles, o organo de contratación podrá iniciar o procedimento negociado para adquirir o local que se pretende, asi como, a construcción de vivindas de protección oficial. A adxudicación do contrato por este procedimento, iniciarase por precio non inferior o inicial de licitación, e axustarase o prego de condicións. Non podrá adxudicarse mediante este procedimiento para a súa execución á aquel que antes fora desechado.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
20.- As proposicións valoraranse adxustandose os seguintes criterios:
a)Proposta arquitectónica: calidade, melloras, etc.
b)Solvencia profesional:experiencia na construcción. Seran desechadas as proposicions
que non teñan un mínimo establecido.
c) Proposición económica.
d)Prazo de execución das obras.
e) Calqueira outra mellora introducida na proposición.
RÉXIME XURÍDICO DERIVADO DA ADXUDICACIÓN
21.-Obligacións do adxudicatario da parcela
Entregar o local no prazo fixado no contrato de cambio de solo pola construcción futura, comparecer ante notario para formalizar escritura, presentar proxecto de execución, iniciar a construcción do local dentro dun prazo dun mes á adxudicación, poñéndono en coñecemento do Concello con dez dias de antelación para replanteo das obras.
O adxudicatario desta parcela, obxeto deste concurso, estará obligado a:
-A cumplimentar os requerimentos complementarios que se lle fagan no acto da adxudicación, tales como prestación de fianza para garantizar os danos.
-Comparecer ante notario para formalizar a adxudicación definitiva.
-Presentar proxecto de execución .
-Iniciar construcción de vivendas dentro do prazo de seis meses a partir
da adxudicación.
-Comunicar ó Concello inicio fase venta de vivendas, para que dentro
dos cinco meses seguintes designe adxudicatarios de vivendas.
22.- O incumplimento das obrigacións do adxudicatarios, podrá dar lugar a resolución da adxudicación e rescate da parcela que cede el Concello . Non obstante si o incumplimento fora por restraso de obligacións, ,podrase optar por aplicar réxime de sancións previsto no art. 96 da LCAP, todo con cargo a fianza definitiva.
O Concello se reserva con respeto as vivendas de protección oficial resultantes da execución do presente contrato, os seguintes dereitos:
-A propoñer o primeiro adxudicatario de alomenos o 20% das mesmas.
-A exercitar o dereito de tanteo sobre segundas o posteriores transmisio-
nes de vivendas contruidas durante al menos dez anos.
-A exercitar o dereito de retracto sobre segundas o posteriores transmisiones de vivendas con vixencia durante dez anos.
23.- O Concello dende o momento da perfección do contrato oblígase a transmitir a propiedade da parcela ó adxudicatario, e como garantía da contraprestación a que se obliga o adxudicatario éste prestará fianza en metálico ou mediante aval bancario executivo con importe igual o da taxación pericial do local obligado a transmitir a súa propiedade ó Concello.
24.- O contrato celebrado o amparo de presente priego tipo de cláusulas administrativas, terá a consideración de contrato administrativo especial, coas consecuencias que en canto as facultades de interpretación, modificación e resolución a favor do Concello se deriven de dita calificación, o amparo no disposto na LCAP, réxime local referidos a contratación administrativa, poidendo adoptar cantas resolucións se deriven do réximen de dereitos e obligacións aquí establecidas. As resolucións do Concello serán inmediatamente executivas e contra as mesmas non cabrá recurso contencioso administrativas.
25.- Na escritura pública de cambio da parcela por edificación futura, a otorgar entre o Concello e o adxudicatario, unha vez se cumplan todos os requisitos do presente prego, faranse constar as prestacións a que se obliga o adxudicatario, asumento o mesmo todos os gastos da escritaura pública, impostos que graven a transmisión da parcela e local a construir, asi como os gastos das inscripcións e inmatriculacións no rexistro da propiedade e demáis gastos que se deriven do otorgamento das escrituras de obra nova en construcción, división horizontal e das inscripcións correspondentes no rexistro da propiedade.
En dita escrituras se fara constar detalladamente, conforme a lei de propiedade horizontal, a composición do edificio a construir, con especifiación das plantas, locais e sótanos, que se refexen no proxecto básico visado, debendo fixarse a cuota que lle corresponda os pisos e locais nos elementos comuns. Farase contar que o local a recibir polo Concello para usos públicos, entregarase libre de cargas, gravámenes, impostos e demáis exaccions, con indicación da súa superficie, sua ubicación na partea do inmobel que corresponda, con indicación que o Concello fará seu dende o momento da edificación , o local que se lle entregue en propiedade polo adxudicatario, tal e como resulta do proxecto básico citado. A propiedade do local permutado se transmitira ó Concello dende o momento da recepción da construcción e na súa consecuencia, os risgos e siniestros que se produzan ata ese momento serán por conta do adxudicatario.
Igualmente farase constar que o Concello, antes de comezo das obras e durante a execución das mesmas e sobre o proxecto básico e de execución visados polo Colexió de Arquitectos de Galicia, podrá indicar as modificacións que estime convinte no local que está obligado a construir e ceder en propiedade o adxudicatario ó Concello, obligándose o adxudicatario a aceptalas sempre que técnica e presupostariamente sean posible levalas a cabo. Calquera diferencia de apreciación ou de criterio que na realización do local surxiran entre o Concello e o adxudicatario, ambos se someten o arbitrio e decisión do que decida o arquitecto municipal, obligandose tanto o Concello como o adxudicatario a estar e pasar por suas decisións.
En ningún caso o adxudicatario podrá hipotecar o solar e o local que se permuta. O adxudicatario non podrá transmitir a terceiros as obligacions que asume e que dimanan do presente constrato, por razóns das condicións persoais que deron lugar a adxudicación da licitación.
26.-O Cesionario, sin previa autorización e/o intervención na escritura por parte do Concello, non podrá por si solo otorgar as escrituras correspondentes de obra nova e propiedade horizontal. Ambas escrituras se inscribirán no rexistro da propiedade. A inscripción da propiedade horizontal, determinará que o local que se permute quede inscripto a favor do Concello, sin necesidade de formalizar acta notarial de entrega.
Tanto o Concello como o adxudicatario se obliga a otorgar a correspondente escritura pública de obra nova en construcción e cesión ante o notario de Moaña no prazo máximo de un mes a contar dende a data do acordo de adxudicación, facendo entonces efectiva a entrega da posesión da parcela aquí regulada, e, si fose o caso, o simultaneo pago das prestacións económicas a que se hubieren obligado o adxudicatario.
En caso de demora da obligación de entrega de local por parte do adxudicatario, devengarase con cargo do mesmo e a favor do Concello o pago da cantidade de 10.000.-ptas. diarias durante os dous meses de retraso que se establece como cláusula penal e que se satisfará os dez días seguintes a finalización de cada un dos meses que transcurra sin que se haia producido a entrega efectiva. Transcurrido éste último prazo sin que se houbere entregado o local en cuestión, a cesión se entenderá resolta automáticamente, sin necesidade de maís trámite nin intervención de autoridade algunha, estando plenamente facultado o Concello para o rescate da parcela cedida, poudendo tomar posesión da mesma e ademáis estando facultado para facer súas cantas garantías, avales, cantidades, etc, haia recibido que poderá facer definitivamente suas. Todos os gastos e impostos que se deriven da resolución mencionada correran a cargo del adxudicatario.
27.- O que non está expresamente regulado neste priego se estará no disposto na Lei 13/95 do 18 de maio LCAP e Lei 5/97 do 22 de xullo do Rexíme Local de Galicia; Lei 7/85 do 2 de abril de Báses de Réxime Local e RDL 781/86 do 18 de abril e Lei 30/92 do 27 de novembro de Procedimento Administrativo."
Moaña, 29 de marzo de 2000.
Informe do arquitecto técnico, Sr. Carba