Actas dos Plenos


ACTA 9/00

 

ACTA 9/2000

 

SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO, REALIZADA O DÍA 29 DE XUÑO DE 2000.

ORDE DO DÍA:

 

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, BORRADORES ACTAS 7 E 8/2000.

2.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA.

3.- RATIFICACIÓN, SE É O CASO, DO ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR.

4.- APROBACIÓN, SE É O CASO, DA PROPOSTA DE MODIFICACIÓN HABERES PERSOAL LABORAL.

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADHESIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA Ó CONVENIO MARCO CON ECOEMBES.

6.-MOCIÓN DO BNG, SOBRE CANIL MUNICIPAL.

7.- MOCIÓN DO BNG, SOBRE PARQUE EÓLICO NO MORRAZO.

8.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE SEGURIDADE VIAL.

9.-MOCIÓN DE EdeG-Os VERDES SOBRE EDIFICIO TRANSPORTE DE RIA.

10.- ROGOS E PREGUNTAS.

 

ASISTENTES:

Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio.

CONCELLEIROS:

D. Alberto Currás Piñeiro.

D. José Manuel Cordeiro Portela.

D. Javier Abal Juncal.

Dna. María C. Costas Gayo.

Dna. Carmen Sotelo Pena.

D. José González González.

D. Osbaldo Martínez Costa.

Dna. María Martín Alonso.

Dna. Carmen Entenza Domínguez.

D. Xosé Manuel Millán Otero.

D. Rosendo Moreira Piñeiro.

D. Alberto Miranda Cancelas.

D. Julio Martínez Rodríguez.

D. José Luis Leite Fraga.

D. José E. Santos Leites.

Secretario : D. Felipe Fermoso Valdes.

Na casa do Concello de Moaña, o 29 de xuño de 2000, reúnense os devanditos señores baixa a presidencia do Sr. Alcalde D. Javier Barreiro Tenorio, asistidos por min, o secretario coa finalidade de realiza-lo Pleno Extraordinario da Corporación, anunciado para o día de hoxe ás 20:30 horas, en primeira convocatoria.

A presidencia declara aberta a sesión ás 20:00 horas.

INCIDENCIAS:

Non asistiu a concelleira D*. Isabel Lorenzo Martínez.

Ás 21:20 horas, durante o debate do punto 3: da Orde do día, suspéndese a sesión reanudándose ás 21:35 horas.

Os concelleiros:

Sr. Leite Fraga e Sr. González González, abandonaron o salón de plenos ás 22:15 e 23:00 horas, respectivamente.

 

 

1.- APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR:

Dáse conta do borrador da acta 7 e 8/2000, correspondente a realizada o día 25 de maio e 15 de xuño do ano que andamos, que se aproba por unanimidade sin modificacións. Non obstante á petición do portavoz do PSOE, Sr. Leite Fraga, desa que conste en acta as causas polas que se reinician trámites de aprobación de estudio de Detalle en José Costa Alonso 78, aclarando que foi debido a unha omisión por non solicitar informe sectorial a Costas de Galicia.

 

2.- RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA:

Dáse conta das resolucións da Alcaldía dende a sesión ordinaria do día 26 de maio ata o 26 de xuño de 2000.

O voceiro do PSOE-PSG, desea que se aclara sobre os seguintes extremos:

  1. Como se decretan resolucións nomeando alcalde accidental a teneintes de alcalde distintos ó 1: Teniente de alcalde que ten dedicación exclusiva.
  2. Respóstalle o alcalde que si en determinadas fechas tanto o alcalde como o 1: teniente de alcalde coinciden en xestións fora do Concello o mesmo día, necesariamente nomease alcalde accidental ó seguinte teniente de alcalde; isto é o que se ven facendo habitualmente.

  3. sobre presuntas contratacións irregulares de persoal, onde a Xunta de persoal non funciona, cubrense postos sin os preceptivos informes técnicos, dándose o caso de que o alcalde contrata os seus propios familiares.

Respóstalle o alcalde, que as contratación a que se refire o Sr. Leite, son para substituir a traballadores por baixa u outras causas, a súa duración non sobrepasa os seis meses, todos se atopan en lista de espera, sendo competencia da alcaldía a súa contratación e advirte o Sr. Leite que tendo moita familia, incluso na oposición poida darse calquera caso, pero o feito de contratar de forma irregular, non.

A concellala de Servicios sociais asegura que as contratacións do seu departamento se fixeron cos informes técnicos correspondentes.

Insiste o Sr. Leite na contratación irregular polo Sr. Alcalde de familiares e sendo asi ten o perfecto dereito a publica-lo nos medios de comunicación

O alcalde solicita de que nomes desas persoas e analizado canto denuncia, senon se retracta exercitará contra él as accións xudiciais que correspondan.

Por último o Delegado de Persoal Sr. Currás, asegura que esta clase de contratacións é competencia do alcalde e o propio Delegado de Persoal, abundando que os informes que se emitan ó respecto non son vinculantes. Despois de 20 anos se cubrirán as plazas como debe ser, non a dedo como se viu fancendo ata agora.

A Corporación queda o corrente.

 

 

3.- RATIFICACIÓN, SE É O CASO, DE ACORDO DA COMISIÓN DE GOBERNO SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR:

O alcalde dá lectura ó acordo adoptado pola Comisión de Goberno, realizada o día 05.06.00, asi como dos argumentos que motivaron a súa adopción, solicitando a ratificación polo Pleno, órgano que estableceu o servicio de transporte de preescolar de Sabaceda, trala rescisión do aluguer do local onde se impartian as clases do alumnado.

"A.-PROPOSTA DA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN SOBRE REVOCACIÓN DE ACORDO.

Á proposta da Delegada de Educación, Dna. Carmen Sotelo Pena, revísase acordo adoptado polo Pleno da Corporación en sesión do día 24 de septembro de 1998, mediante o que se aproba a rescisión de contrato de aluguer dun local en Sabaceda destinado a colexio de preescolar e na sua consecuencia trasladouse ó alumnado o Centro de Educación Infantil de Verducedo. Solicitando as subvencións precisas para cubrir os gastos de transporte escolar á Consellería de Educación, destinando a totalidade do importe do aluguer ós fins do Transporte Escolar.

Cursada a petición de axuda para o transporte escolar á Consellería de Educación, ésta foi denegada posto que a decisión do transporte fíxose de forma unilateral por parte do Concello.

Tendo en conta que os gastos soportados polo Concello durante os cursos 1.998-99 e 1.999-2000 son moi elevados e non se cubren co aforro do aluguer

A Comisión de Goberno en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes acorda:

1.- Suprimir o transporte de escolares de Sabaceda a Verducedo a partir do curso 2000-2001.

2.- Ratificar o presente acordo de revocación na próxima sesión ordinaria a celebrar polo Pleno."

INTERVENCIÓNS:

O concelleiro do Grupo Municipal, Sr. Moreira Piñeiro, di que na sesión do 24.09.98, se adoptou acordo por unanimidade, figurando en aquela Corporación catro concelleiros dos que a conforman actualmente, non entendo porque se revoca o acordo.

No curso 1997-98 o local se atopaba en malas condicións, para manter o centro; despois de varias reunións cos pais e inspector houbo varias propostas, optando pola de traslada-los nenos de Sabaceda a Berducedo potenciando este centro. Surgió o problema do transporte, tratándose de solucionar con subvención da Xunta que non se logra. Nembargantes ó rescindi-lo contrato do local que sopoñía un aforro co que se financiaria o transporte, optando polo taxi que era o mellor, si a Xunta financia transporte escolar privado, sorpréndelle como non se fai co público.

Coa supresión do transprote se fai un dano irreparable ós/as nenos/as, desaparendo o centro de educación infantil, transformando en Escola Unitaria, coa grave repercusión de non percibir axudas e aumento do profesorado.

Solicita ó Grupo de Goberno que non se precipite en adoptar acordo, que a proposta quede pendente de estudio, reunión con APAS, informe Comisión, tratando de soluciona-lo problema do transporte. Aparte da prohibición do transporte de preescolar en autobus, que recapacite o Grupo de Goberno e falando cos pais se chegue a fórmulas para manter o actual transporte.

O voceiro do Grupo Municipal EdeG Os Verdes- Sr. Santos Leites, entende que existen problemas solapados, debe de aclararse o tema para chegar a conclusións, ainda que en principio pensa que o problema é de política educativa, aínda vai a expoñer o asuntos en duas partes:

1:.- O acordo de 1998, se adopta por unanimidade dadas as circunstancias que concurrian no problema. Pregunta si estas circunstancias o día de hoxe variaron; pensa que non e existen as mesmas necesidades.

2:.- En aquel acordo, queda claro, que os pais dos/as nenos/as aceptaron o cerre porque se lles garantizaba o transportes, logo existe incumprimento grave do compromiso adoptado entre o Concello e os pais dos/as nenos/as.

Si son causas económicas as que motivan este acordo, non deben terse en conta, xa que non existen, pois o transporte se financia co aforro de gastos de aluguer, mantenimento e outros; por este prezo non se retiraría ningún servicio do Concello, debe concebirse como gasto non como inversión, non existen argumento para retira-lo transporte, cree que a política que defende alguen con esta medida, vai en contra da ensinanza pública, coa grave pérdida de servicios educativos, supón un desprestigio para a ensinanza pública e si non se compite coa privada se perderá, mantener este servicio é dar calidade e prestixio á ensinanza.

A concellala de Educación, Sra. Sotelo Pena, cree na ensinanza, non asi o seu grupo político, abundando no tema con claridade podemos chegar a solucións correctas.

En conclusión non se debe aplicar políticas igoales a problemas distintos.

O voceiro do Grupo Municipal do PSOE-PSGA, Sr. Leite Fraga, di que despois das intervencións dos grupos do BNG E EdeG, non debe engadir nada unicamente dar un respaldo ás mesmas, solicita que se retire o asunto do orde do Día e pase á Comisión Informativa, deixando claro que no 98  o Grupo do PP votou a favor do acordo que agora pretende revocar-. Existen gastos como os do conservatorio que non indo en contra do mesmo, non entende como este se denega. Que se retire o asunto.

Interviu seguidamente D* Angeles Martín Méndez directora da Escola de Berducedo- e D* María Jesús Rúa presidenta da AV O Cristo-, que argumentan a necesidade de mante-lo transporte de preescolar establecido, con elo evitaríase os perxuizos que orixinarían ós afectados e á ensinanza en xeral.

O Alcalde, desexa aclarar cuestións sobre o acordo adoptado en 1998, a parte dispositiva que desglosa e analiza e si non se logrou a subvención da Xunta, na actualidade non debe de correr con ista clase de gastos o Concello. O dito de que os gastos do taxi se compensan cos do aluguer e outros, non é certo. O Concello non pode seguir soportando este gasto. Este centro creouse sin contar con Sabaceda, se di que pode desaparecer , todo será en función do número de alumnos. Como o Concello non é competente para asumi-lo gasto se prescindirá do servicio.

O concelleiro Sr. Moreira Piñeiro, di que desexa matizar sobre os gastos do centro si funcionará que entre renda, teléfono, limpeza e mantenimento equivaldría á factura de taxis por transporte.

Se fala do destino de 2 millóns, para o conservatorio de música, asi como da adquisición de literas por 2 millóns e se discute o pagamento de 500.000 ptas, tan imprescindibles para a educación, isto non é correcto.

O Sr. Millán Otero, di que lle dá a impresión que o PP, ten as cousas claras ata que se estrela. Berducedo na actual situación non tendra dereito a nada e desaparecerá o centro, si el mismo se debe a outros gobernos, agora se tira todo pola borda. Hai que manter as tres unidades posteriormente aumentará a matrícula, para elo hai que fomenta-la ensinanza infantil. Os gastos que supón o transporte habrá que detraelo das retribucións dos políticos.

En alusión á concelleira de Educación, o asunto hai que levalo á Comisión Inforamtiva, solicita que quede o asunto sobre a mesa e se adopten medidas reales.

O Sr. Santos Leites, di que os argumentos do alcalde de non asumir competencias en educación non son válidas, se asumen outras que non son obrigatorias; canto di o alcalde non é válido.

Leite solicita que se retire o asunto da Orde do Día, os gastos que corran por conta do Concello, aporte ou non a Xunta. Insiste en que porque se recoñecen gastos para conservatorio de música e se pretende anular en Educación.

O Delegado de Cultura, Sr. Currás Piñeiro, repóstalle e argumenta como se subvencionan os gastos do conservatorio.

Antes de chegar á votación a Delegada de Educación pide unhos minutos de descanso.

Reanudada a sesión o alcalde manifesta que despois de cambio de opinións o Grupo de Goberno ratifica o acordo adoptado pola Comisión de Goberno.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por 10 votos a favor (Os dos/as Sres/ras, Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Sra. Entenza Dominguez) e 6 en contra (Os dos Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez, Leite Fraga, Santos Leite.) acorda ratifica-lo acordo da Comisión de Goberno, realizada o día 05.06.00 A) Proposta da concelleira de educación sobre revocación de acordo.

Explicación de voto:

O concelleiro Sr, Leite Fraga, incumplese acordo da Comisión de Goberno de 1998, en Sabaceda a Corporación está obrigada a buscar solucións ós escolares.

O concelleiro Sr. Millán Otero, lamenta que a pesar dos esforzos realizados, con esta decisión que é mala se poña en risco a continuidade do centro. Estima que o que se poida salvar que se salve e o mal que se fai a Berducedo se compense de algunha forma, ainda que en principio o perxuizo será para 6 nenos, está decisión é lamentable.

O concelleiro Sr. Santos Leites, acusa ó Partido Popular de Moaña e contribuir a avanzar un escalón máis no deterioro do ensino público. Con esta decisión non só se está perxudicando os/as nenos/as de Sabaceda e o colexio de Berducedo, sinon que está contribuindo decisivamente á perda de calidade do ensino público en todo o Concello.

 

4.- APROBACIÓN, SE É O CASO, DA PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DE HABERES PERSOAL LABORAL:

O alcalde expón á Corporación o contido do informe emitido pola Comisión Informativa de Facenda, e que, a continuación se transcribe, que é coñecido de tódolos membros da Corporación, propoñendo se adopte acordo favorable.

"O delegado da conta da seguinte proposta:

"CONCELLO DE MOAÑA

DEPARTAMENTO DE PERSOAL

HABERES JESUS BOUBETA GARCIA (ENCARGADO DE OBRAS)

Antecedentes:

O xubilarse o operario de vias e obras Sr. Rouco, funcionario do grupo E, pasou a facer estas funcións o inspector de obras Sr. Piñeiro, posteriormente fixose unha convocatoria para contratar a un encargado, que en vez de cubrir interinamente a plaza vacante, deixouse como eventual sin plaza, dende o 8 de Outubro do 97.

O seu salario base asimilaronno o nivel 4, como o cobrador da plaza de abastos, chófer etc., con unha gratificación por dedicación fora da sua xornada normal.

Salario base.. 1.754.136

p. puntualidade. 51.072

p. extras. 382.464

gratificación.. 489.600

Gastos por uso de vehículo propio 300.000

Total.. 2.979.272

As funcións que desenrola este traballador, como mínimo, considerase como as que realiza o fontanero ou electricista, que teñen o nivel 5, coa salvedade que este ten o seu vehículo a disposición do Concello para o desenrolo do seu traballo.

Proposta:

Asinarlle o encargado Jesus Boubeta Garcia o salario similar o dos traballadores referenciados, sin antiguedade e con un plus de automoción:

Base  1.870.334

C. Extrasalarial 1.017.842

Incentivo productividade. 81.984

p. puntualidade.. 51.065

plus antomoción. 360.000

pagas extras..  503.537

TOTAL.3.838.862

Debendo cumplir a sua xornada laboral estipulada en convenio, como encargado do persoal de servicios e atoparse a disposición do Concello durante o resto do día (inclusive noite) para resolver calquer incidencia que ocurra a nivel de servicios municipais e poñer o seu vehículo para o desenrolo das suas funcións, correndo o seu cargo o combustible e reparacións.

ASI MISMO, considerase por este Departamento que deberia amortizarse a plaza de funcionario operario encargado de vias e obras, do grupo E, porque de querer que o encargado sexa funcionario deberia ser do grupo C, e para optar a esta plaza requirense unhos determiñados estudos, que non todos os posibles candidatos teñen, e a cambio crear unha plaza na plantilla de persoal laboral do nivel 5, coas retribucións correspondentes e sacala a concurso-oposición o vindeiro exercicio, porque non hai que esquecer que o desenrolo do traballo do encargado ten un funcionamento optimo despois dun tempo de servicio e no caso que se tarde moito en cubrila e non fora polo actual traballador seria novamente eomenzar de cero, ademais esta plaza considerase importante para o desenrolo e organización do traballo e como tal deberia ser fixa, no obstante a corporación decidirá.

Moaña, 12 de xuño do 2000

DELEGADO DE PERSOAL"

A Comisión informa favorablemente e acordan propoñerlle ó Pleno do Concello, aprobar a citada proposta nos seus propios terminos, con efectos retroactivos dende xaneiro 2000."

Moaña, 13 de xuño de 2000.

O SECRETARIO DE COMISIÓNS,

INTERVENCIÓNS:

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Oterio, solicita se lean informes de Secretaría e Intervención, os cales non existen, asi como se informe polo secretario sobre a legalidade do acordo a adoptar, segundo proposta presentada.

Manifesta o secretario que a proposta de modificación de haberes é totalmente legal, se trata de persoal eventual que cubre as funcións de persoal de plantilla cuia praza se atopa vacante.

En canto á amortización da praza de funcionario cuberta de forma eventual, esta Secretaría estima que a Corporación non debe pronunciarse neste momento. Excluír del acordo.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la proposta de modificación de haberes do capataz, Jesús Boubeta García, excluindo da proposta a amortización da plaza de funcionario.

 

5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADHESIÓN DO CONCELLO DE MOAÑA Ó CONVENIO MARCO CON ECOEMBRES.

O alcalde expón á Corporación que despois de ser retirado da Orde do Día o asunto a tratar e haber recabado o Convenio marco, informe de Secretaría e haberse pronunciado sobre o asunto a Comisión Informativa de Facenda, é o momento de que se pronuncie a Corporación en Pleno, solicitando el voto favorable á proposta.

"O Sr. Alcalde solicítame informe sobre o convenio de adhesión do Concello ó convenio marco de colaboración firmado entre Ecoembes e a Comunidade autónoma de Galicia, e no cumplimento no disposto no art. 54. Do TRRL., aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de abril, emítese informe en base os seguintes

A N T E C E D E N T E S

1.,- Convenio Marco: Firmado en data 16 novembro de 1999 entre a Comunidade Autónoma de Galicia e a empresa Ecoembalages España, S.A. Sociedade sen animo de lucro constituida para dar cumprimento as obrigacións das súas empresas adheridas baixo a lei de embases. A duración deste convenio fíxase en cinco anos según información facilitada en consulta formulada.

2.- Compromisos do convenio de adhesión :

a) Fíxase en prazo máximo de dous anos para a contenerización do papel cartón e tratándose do municipio de Moaña con 18.500 habitantes habrá de adqurerir con seus propios fondos 37 contenedores.

b) Recollida de papel cartón, contemplase duas opcións unha , que Ecoembes designe o recuperador o que entregará o papel recollido e outra que sea o propio Concello quen o designe.

c) A recollida de embases lixeiros denominados asi, latas, briks e botellas de plástico con tres opcións no convenio de adhesión.

Vistos os antecedentes expostos, esta secretaría emíte o seguinte

I N F O R M E:

1.- Lexislación aplicable: Lei 11/97 do 24 de abril de Embases e Lei 2/2000 de 16 de xuño de contratación das Administración Públicas.

 

2.- Terá que aceptarse a adquisición de 37 contenedores para a recollida e reciclado de papel cartón e será por conta do Concello.

3.- En canto o compromiso de retirada e reciclado dos rexiduos de papel cartón procedentes de recollida monomaterial; o Concello designará ó recuperador ou reciclador o que entregará o material recollido, comprometéndose a notificar a Ecoembes dita designación.

4.- No referente á recollida selectiva multimaterial de envases lixeiros, o Concello delega nunha entidade xestora de ámbito supramuncicipal a realización desta recollida selectiva durante todo o prazo de vixencia do presente convenio.

E, canto debo informar, non obstante o pleno decidirá."

Moaña, 23 de xuño de 2000.

O SECRETARIO,

"O delegado dá conta a Comisión do convenio de adhesión do Concello ó convenio marco de colaboración firmado entre Ecoembes e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Dá conta do informe realizado polo Secretario do Concello de data 23 de xuño de 2000.

A comisión acorda propoñerlle ó Pleno do Concello, aprobar o citado convenio de adhesión á Ecoembes.

O BNG, PSOE e EdeG, danse por enterados e manifestaranse no pleno. "

Moaña, 27 de xuño de 2000."

O SECRETARIO DE COMISIÓNS,

INTERVENCIÓNS:

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, di que valora negativamente o convenio e reprocha ó Grupo de Goberno que este convenio se asine, ó marxe do plan de residuos sólidos do Morrazo, que non se atopa abolido nin modificado, pero parece que o PP está disposto a dinamitalo. Tanto as negociacións como o firma do convenio debe facerse entre entidades supramunicipais, é dicir, a traves da mancomunidade do Morrazo, a única entidade ganadora sería Sogama. Débese de negociar e mellora-las condicións, para o BNG, este convenio non é o mais propio, é un fraude, todo o recollida irá á mesma caldeira encineradora, facendo simplemente unha valoración enerxética de resultados. O BNG votará en contra.

O voceiro do Grupo Municipal EdeG-Os Verdes-, Sr. Santos Leites, o asunto quedou pendente na última sesión para mellor estudio unha vez que se tivera no noso poder o convenio marco e analizando as ventaxas que poidera ter para Moaña. É un plan premeditado, contempla a cada un dos concellos por separado cando o que interesa é negociar en conxunto a nivel de mancomunidade.

En resumen, Sogama aparece como cabeza visible e por tanto é parte do plan de residuos da Xunta. Nunca votará a favor da proposta.

O alcalde, contesta ós intervinientes, manifestándolles que lles dá todo igoal, vostedes son de ideas fixas. Este acordo logra adoptarlo o Concello de Cangas, Bueu e incluso Marin. Deberían ter en conta que existen posibilidades de revisar o contrato.

O concelleiro Sr. Millán Otero, di que se debe estudiar en profundidade o asunto e dar a solución de forma mancomunidade, non se coñece a ubicación do punto limpio, en resume non ten sentido asina-lo convenio.

O alcalde di que descoñece onde irá o punto limpo e cree que a firma ten máis ventaxas que inconvintes.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por 10 votos a favor (Os dos/as Sres/ras, Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Sra. Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Sra. Entenza Dominguez) 4 en contra (Os dos Sres. Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Santos Leite.) 1 abstención (O Sr. Martínez Rodríguez) acorda aproba-lo convenio de adhesión ó Convenio Marco con Ecoembres.

 

 

6.- MOCIÓN DO BNG, SOBRE CANIL MUNICIPAL.

O voceiro do Grupo Municipal do BNG, Sr. Millán Otero, dá conta da moción en relación o asunto epigrafado, que a continuación se transcribe, e explica que se presenta no momento de problemas existentes no canil, solicita ó alcalde que lle informe sobre compromisos económicos e que a responsabilidade do canil pase á mancomunidade.

"O canil de Moaña está prestando desde hai case dous anos un importante servicio público, non só ó noso concello, senón tamén ós concellos de Cangas e Bueu.

Despois deste tempo de funcionamento, e a pesar da boa vontade e compromiso persoal da Sociedade Protectora de Animais que o rexenta, constátanse serias carencias motivadas pola escasez presupostaria e a inadecuación do modelo de convenio asinado no seu día cunha situación actual en que o establecemento, sendo de titularidade municipal, debe atender á práctica totalidade dos concellos da Mancomunidade do Morrazo.

Esta situación require un exercicio de sensibilidade e responsabilidae por parte do noso Concello, así como da Mancomunidade, para mellorar as condicións de acollida dos animais garantindo que estas se correspondan coa lexislación específica relativa a este tipo de establecementos.

As diferencias entre a Sociedade Protectora de Animais e os gobernos municipais dos Concellos implicados no funcionamento do canil están poñendo en perigo a continuidade do mesmo, sen que se chegue a propoñer unha alternativa ó actual modelo de xestión que sexa conforme á lei e económicamente ventaxosa.

Para responder a esta situación, o grupo municipal do BNG solicita ó Pleno a adopción dos seguintes:

ACORDOS:

1.- Instar á Xunta da Mancomunidade a celebrar unha reunión urxente para analizar a problemática do canil e adoptar as resolucións que garantan o seu funcionamento.

2.- Instar á Xunta da Mancomunidade e por en práctica os compromisos adoptados na reunión do 12 de novembro de 1999, relativos á mellora das instalacións, aumento de dotación económica e xestión mancomunada.

3.- Demandar deste Concello que poña todos os medios para garantir a continuidade do servizo."

Moaña, 15 de xuño de 2000.

INTERVENCIÓN:

O voceiro do Grupo Municipal do PSOE-PSG, Sr. Martínez Rodríguez, di que vai prestar o apoio á moción, aínda que ten dudas de si este sistema é o máis beneficioso, recoñece que a xestión dos problemas pola pequena cantidade presupostada e cree que calquera entidade privada podería facelo mellor. Boa parte da solución ós problemas plantexados partiria do sacrificio de animais. Matiza que cando se reparten axudas municipais deberíase ter en conta a outros colectivos, non só á Protectora.

O alcalde, informa á Corporacióndo acordo adoptado na Comisión de Goberno, o día 27 de xuño e que se remita ós concellos da mancomunidade, en dito acordo especificase a aprotación económica de cada un deles.

O alcalde solicita ó Sr. Millán que despois da explicación dada, si estaría disposto a retira-la moción ó que o Sr. Millán non accede.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita do BNG.

 

 

7.- MOCIÓN DO BNG SOBRE PARQUE EÓLICO DO MORRAZO:

O concelleiro do Grupo Municipal do BNG, Sr.Moreira Piñeiro, dá conta da moción epigrafada e que, transcrita, di:

"Sendo a enerxía eólica unha das consideradas enerxías alternativas por depender dun recurso renovable e non producir emisións contaminantes do medio ambiente, en Galiza obsérvase como a súa implantación ocasiona fortes impactos ambientais e como prevalecen os criterios económicos fronte ó necesario aproveitamente racional dos recursos, en aras de conseguir un desenvolvemento sostible.

A instalación dun parque eólico supón unha serie de actuacións sobre os terreos afectados, que van desde a apertura de zanxas para a conducción da enerxía producida, zona de afección dos aero-xeneradores (aproximadamente 400 m. de radio arredor de cada tipo de instalacións, producen alteracións ó medio físico, pola erosión dos terreos, derivada dos movementos de terras, das cimentacións, da construcción das edificacións propias das instalacións e dos tendidos eléctricos; alteracións na avia-fauna e nas actividades agrícolas e gandeiras da zona; alteración derivadas do ruído e outras visuais e paisaxísticas; alteracións tamén en áreas protexidas ou de interese natural e en zonas próximas á costa ou dependentes do turismo.

Ademais, a pesar de que o Decreto 205/95, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galiza, esixe o "axeitamento do proxecto eólico á situación do planeamento vixente na área de implantación", a Xunta de Galicia recorre á declaración de incidencia supra-municipal mesmo si tratárase dun só concello-, non favorecendo a participación dos concellos nunha competencia exclusiva como é a do axeitamento de instalacións e obras ás previsións e clasificacións establecidas no planeamento municipal.

Na comarca do Morrazo contémplase a reserva de superficie para levar a cabo un plan eólico que abarca aproximadamente unha área en forma de triángulo cun vértice no alto da Portela, outro no Lago de Castiñeiras e un terceiro pouco máis alá da Ponte de Rande. No Concello de Moaña afecta a práctica totalidade dos nosos montes e os lugares de San Martiño, Broullón, A Fraga, Berducedo, Couso e toda a zona alta da parroquia de Domaio.

Ante semellante superficie de terreos afectados cómpre unha especial vixiancia por parte do Concello sobre o desenvolvemento do Plan Eólico do Morrazo. A facilidade con que a Administración autonómica concede os permisos para este tipo de instalacións fai que sexa necesario tomar de forma urxente medidas de seguimento, con información e participación de tódolos colectivos implicados.

Se finalmente se decídise a instalación dun parque eólico nos montes de Moaña e do Morrazo, o Concello debería ter presentes unha serie de criterios de actuación. Coa finalidade de establecelos, o Grupo Municipal do BNG propón ó Pleno a adopción dos seguintes:

ACORDOS:

1:.- Esixir a autorización urbanística previa, que contemple a adecuación das instalacións á normativa municipal.

2:.- Esixir ineludiblemente a presentación dun estudio de impacto ambiental, obrigatorio por lei, así como os informes correspondentes sobre o patrimonio arqueolóxico das zonas afectadas.

3:.- Demandar a participación da institución municipal no aproveitamento dos rendementos e a negociación sobre melloras enerxéticas nas zonas de influencia do parque, de forma que a súa instalación revirta na mellora das condicións de vida dos/as veciños/as da zona afectada.

4:.- Demandar da administración e da empresa concesionaria que as negociacións de cesións de terreos non se fagan unicamente en base ó número de aero-xeneradores, contemplándose tamén na negociación a producción enerxética estimada e as melloras sociais incluídas no punto 3:."

Moaña, 22 de xuño de 2000.

INTERVENCIÓNS:

O concelleiro do Grupo Municipal do PSOE-PSG, Sr. Martínez Rodríguez, manifesta que a lle sorprende a moción presentada, de todas formas si se decidirá autorización, el está en contra de que se instalen parques eólicos.

Pide enmenda á totalidade da moción.

O Delegado de Persoal, Sr. Currás Piñeiro, di que a moción é correcta tal como se presenta, hai que face-las cousas con garantia; o PP non ten problema en apoiar a moción.

O voceiro do Grupo Municipal EdeG Os Verdes- Sr. Santos Leites, di que apoiará a moción, coas seguintes matizacións:

  1. Non é certo que esta enerxía sea limpa, ten impacto por ruídos.
  2. O problema é de concepción, é bo para zonas pequenas e malo para grandes áreas.

Votará a favor da moción.

O voceiro do Grupo Municipa do BNG, Sr. Millán Otero, di que si durante gobernos do PSOE, se crearon as bases para o plan eólico, sorpréndelle que un militante diga que non.

O BNG non se posiciona a favor o en contra, o único que ve é que a Xunta está dando toda clase de facilidades, do que se trata é de que sí dando licencia para o establecimento de esta enerxía se compensan molestias cos beneficios.

O Sr. Martínez Rodríguez, di que deixa claro que non quere entrar en guera co BNG.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por 14 votos a favor (Os Sres/ras: Barreiro Tenorio, Currás Piñeiro, Cordeiro Portela, Abal Juncal, Costas Gayo, González González, Sra. Sotelo Pena, Martínez Couso, Sra. Martín Alonso, Sra Entenza Domínguez, Millán Otero, Moreira Piñeiro, Miranda Cancelas, Martínez Rodríguez) e 1 abstención (O Sr. Santos Leites), acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

 

8.- MOCIÓN DO PSG-PSOE SOBRE SEGURIDADE VIAL:

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, dá conta da moción epigrafada e que, transcrita, di:

"D. José Luis Leite Fraga, en calidade de voceiro do Grupo Municipal Socialista, presenta á consieración do Pleno do Concello de Moaña a seguinte:

MOCIÓN:

Exposición de motivos:

Actualmente as motocicletas e ciclomotores representan o tipo de vehículo que en proporción más se incrementou nas nosas estradas. Como proba dicir que en Moaña, segundo datos recollidos do Padrón Municipal de Vehículos de Tracción Mecánica, no ano 1995 habia censadas 373 unidades entre ciclomotores e motocicletas. No ano 2000 o número destes vehículos representa 1.391 unidades, dos cales 1.029 son ciclomotores conducidos na súa gran maioria por xoves en moitos casos menores de 18 anos. En só cinco anos produxose un incremento superior ó 370% respecto a este tipo de vehículos. O cal desde o noso punto de vista representa un fenómeno que merece unha atención especial.

Nas conclusións do balance de actuacións en materia de tráfico do ano 1999 elaborado pola Policía Local de Moaña faise referencia ó elevado número de vehículos de dúas rodas implicados en accidentes (57 ciclomotores e 8 motocicletas), cifra que se vai incrementando anualmente e que sin dúbeda está directamente relacionada co espectacular aumento do número de feridos. Polo contrario no mismo informe da Policía Local chama curiosamente a atención a reducción das denuncias por infracción de tráfico referidas ó uso do casco protector (50 denuncias no ano 99 frente ó 82 no ano 98 e 74 no 96) o cal nos leva a pensar que se está actuando con excesiva permisividade ante este fenómeno.

A Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a motor e Seguridae Vial no seu art. 118 fai referencia á obrigatoriedade do uso do casco protector en motocicletas e ciclomotores.

As innegables secuelas negativas do tráfico teñen o seu máximo exponente nos accidentes de circulación, que representan un alto coste para a sociedade e veñen a acentua-la obrigada intervención dos poderes públicos no mantenimento da seguridade da circulación vial.

Por tódolo anteriormente exposto, propoño ó Pleno a adopción do seguinte, ACORDO:

1.- Que por parte do Goberno Municipal se demande da Policía Local de Moaña unha actuación máis decida respecto á obrigatoriedade de usar o casco protector en motocicletas e ciclomotores.

2.- Préstese maior atención ó control da actividade administrativa dirixida a unha maior eficiencia no cobro das multas (tramitación ORAL E BOP) como instrumento dunha política preventiva a nivel de tráfico.

3.- Póñanse en práctica dentro dos servicios que ofrece a Policía Local de Moaña a implementación dun programa de educación vial en colaboración coa concellería de Educación e cos centros de ensino do Concello."

Moaña, 22 de xuño de 2000.

Intervén o alcalde para dicir que o punto 1: e 2: da parte dispositiva da moción vense prestando pola Policía Local, pedírase ó Subdelegado de Goberno que se axilicen as denuncias e no referente ó punto 3: arbitraranse fórmulas para implantar o programa de educación vial en Moaña.

Respóstalle o Sr. Martínez Rodríguez, que non acepta a explicación do alcalde, o solicitado na moción pode facerlo a Policía Local.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

9.- MOCIÓN DE EdeG Os Verdes- SOBRE EDIFICIO TRANSPORTE DE RIA:

O voceiro do Grupo Municipal de EdeG Os Verdes- dá conta da moción epigrada, dando unha explicación pormenorizada desta e interesando a aprobación da Corporación.

"No ano 98 o ente Portos de Galicia redactou o plano de utilizacións dos espacios portuarios de Moaña co fin de ordenar os usos e prever as dotacións necesarias acordes ós mesmos, entre eles os referidos o peirao de pasaxeiros. Neste documento facíase un análise da situación actual, e diseñábanse as actuacións a levar a cabo. Así no referido o peirao de pasaxeiros entre as deficiencias detectadas mencionábase a falta dun espacio de espera para os usuarios do transporte de ría. Unha vez feito o diagnóstico facíase no documento unha estimación das ampliacións necesarias entre elas a construcción dun "pequeno edificio para pasaxeiros"

Coherentemente co anterior, nos planos que acompañan o citado documento, no último tramo do peirao, contemplábase o edificio que fixera as funcións de estación marítima. A realidade foi que a obra de ampliación e mellora do porto licitouse sin que esta instalación aparecera reflexada no prego de condicións, e así hoxe atopámonos coa obra casi rematada sin que se sepa nada do dito edificio. No seu sitio solo hai un pequeno cuberto de chapa que non realiza función algunha.

A necesidade do mesmo está fora de toda dúbida: O transporte de ría sempre foi unha vía fundamental de comunicación para Moaña, e a súa potenciación ten que ser un obxectivo de futuro. As tímidas melloras acometidas ultimamente debido a sua declaración como servicio público levaron aparelladas un incremento de pasaxeiros, tal e como recoñeceu a empresa prestataria do servicio. A súa potenciación ten que vir da man de ofertar comodidade e calidade tamén nas instalacións portuarías donde como mínimo debe existir un edificio donde os pasaxeiros poidan ademais de sacar os billetes, resgardarse das inclemencias do tempo, ter un sitio cómodo de espera, ou incluso un lugar donde o concello ubique unha oficiña de información, non en balde éste é un dos puntos de entrada de visitantes ó concello.

Por estas razóns, proponse a adopción do seguinte acordo:

Xestionar diante do Ente Portos de Galicia a elaboración do proxecto e posterior licitación do edificio para transporte de ría no porto de Moaña.

Moaña a 23 de Xuño de 2000

INTERVENCIÓN:

O concelleiro do Grupo Municipal do PSG-PSOE, Sr. Martínez Rodríguez, considera apropiada a moción, polo tanto a apoiará.

VOTACIÓN E ACORDO:

A Corporación, en votación ordinaria e por unanimidade dos asistentes, acorda aproba-la moción transcrita, nos seus propios termos.

 

ROGOS E PREGUNTAS:

Non houbo.

 

 

 

E, non sendo outro o obxecto, a presidencia dá por rematada a sesión, sendo ás 23:15 horas do día fixado no encabezamento, de todo o que, como secretario, DOU FE.

O ALCALDE, O SECRETARIO,